Erik Axel Karlfeldt

poeta sueco From Wikipedia, the free encyclopedia

Erik Axel Karlfeldt

Erik Axel Karlfeldt, nado en Karlbo o 20 de xullo de 1864 e finado en Estocolmo o 8 de abril de 1931, foi un poeta sueco, secretario da Academia Sueca e premio Nobel de Literatura.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Erik Axel Karlfeldt
Thumb
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1864
Folkärna, Suecia (en)
Morte8 de abril de 1931 (66 anos)
Engelbrekt church parish, Suecia (en)
Lugar de sepulturaFolkärna Church (en)
9º Swedish Academy permanent secretary (en)
1913 – 1931
 Carl David af WirsénPer Hallström 
5º Seat 11 of the Swedish Academy (en)
20 de decembro de 1904 – 8 de abril de 1931
 Clas Theodor Odhner (en) Torsten Fogelqvist (pt)  
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Uppsala
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor
Membro de
Familia
CónxuxeGerda Karlfeldt
ParellaAagot Vilhelmine Klaveness
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Dicionário Biográfico Sueco (pt) , lang: lingua sueca
Academia Sueca, lang: lingua sueca
WikiTree: Eriksson-3483
Pechar

Traxectoria

Nacido no seo dunha familia de mineiros, estudou na Universidade de Uppsala e, máis tarde, deu clases nunha escola de Djursholm, suburbio de Estocolmo, e nunha escola para adultos. Traballou para a Biblioteca Real de Suecia, en Estocolmo.

En 1904, Karlfeldt foi escolleito membro da Academia Sueca, ocupando a cadeira número 11. En 1905 foi elixido membro do Instituto Nobel da Academia e, en 1907, do Comité Nobel. En 1912 foi escollido para secretario permanente da Academia, posto que mantivo até a morte.

A Universidade de Uppsala, alma máter de Karlfeldt, galardoouno co título de Doctor honoris causa en 1917. En 1931 foi galardoado co premio Nobel de Literatura, honra que rexeitara en 1918.[1]

Como poeta, acadou desde o principio gran popularidade, figurando hoxe en día como un dos máis poetas suecos máis importantes, dotado cun gran sentido do humor e da fantasía, como se reflicte en Fridolins visor (Baladas de Fridolín, 1898), en Fridolins lustgård (O xardín de Fridolín, 1901), Flora och Pomona (1906) e Flora och Bellona (1918). A natureza e a vida no campo acostuman ser os temas principais das súas obras.

Obras

  • Vildmarks- och kärleksvisor (1895)
  • Fridolins visor och andra dikter (1898)
  • Fridolins lustgård och Dalmålningar på rim (1901)
  • Flora och Pomona (1906)
  • Flora och Bellona (1918)
  • Hösthorn (1927)

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.