From Wikipedia, the free encyclopedia
Eragon é un filme fantástico dirixido por Stefen Fangmeier que se estreou no 2006. Baséase na novela Eragon de Christopher Paolini.
Eragon | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Eragon |
Director | Stefen Fangmeier |
Produtor | John Davis Adam Goodman Gil Netter |
Guión | Peter Buchman |
Baseado en | Eragon de Christopher Paolini |
Intérpretes | Edward Speleers Jeremy Irons Sienna Guillory Robert Carlyle John Malkovich Garrett Hedlund Rachel Weisz |
Música | Patrick Doyle |
Fotografía | Hugh Johnson |
Montaxe | Roger Barton Masahiro Hirakubo Chris Lebenzon |
Estudio | Davis Entertainment |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 2006 |
Duración | 104 minutos |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido |
Xénero | Fantasía |
Orzamento | $100 000 000[1] |
Recadación | $249 488 115 |
Na rede | |
http://www.eragonmovie.com/ | |
Eragon era un campesiño de 17 anos que vive nunha aldea chamada Carvahal no mundo ficticio e máxico de Alagaësia onde lendas indican que habitaban dragóns e outras criaturas. Mentres estaba cazando, Eragon atopa unha gran xema azul, da cal nace un dragón azul chamado Saphira. Eragon decide quedar con Saphira en segredo, pero un par de criaturas máxicas, os Ra'zac, son enviadas por Galbatorix, o rei de Alagaesia, para atopar a Eragon e ó dragón. Isto fai que Eragon teña que fuxir da súa casa con Saphira. Cando regresa descobre que o seu tío Garrow fora asasinado polos Ra'zac, polo que inicia a súa viaxe para vingalo. Acompañado por un contador de contos sabio chamado Brom, Eragon e Saphira toman o mando dos lendarios xinetes de Dragón. Eragon aprende maxia, a pelexar con espadas e a montar dragóns para cumprir a lenda dos xinetes de Dragón e o seu destino, así como para axudar ós vardenos a derrocar o Imperio e ó seu rei tirano, Galbatorix. Detrás de todo isto, está Durza, un sombra, un feiticeiro posuído por un espírito endiañado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.