From Wikipedia, the free encyclopedia
O Enuma Elish é un poema babilónico que relata a creación do mundo. Consta de sete taboíñas que conteñen cada unha delas entre 115 e 170 liñas de escrita cuneiforme en lingua acadia escritas cara ao 1.200 a. C. Foron achadas entre as ruínas da biblioteca do rei Asurbanipal en Nínive (669 a. C. - 627 a. C.).
Enuma elish son as dúas primeiras palabras coas que dá comezo o poema e que en acadio significan cando no alto. Reflicte a loita entre a Orde, personificada no deus Marduk e o Caos, representada na deusa Tiamat, narrando o nacemento dos deuses e a creación do universo, así coma os inicios dos humanos na Terra. Cómpre enmarcar o poema no contexto da relevancia adquirida por Marduk como deus principal de Babilonia, constituíndo o poema unha exaltación da figura deste deus levada a cabo por escribas babilonios.
Describe como a deusa das augas salgadas, Tiamat, e o deus da auga dóce, Apsu, deron lugar a unha familia de deuses ao mesturaren as súas augas. Estes novos deuses amolaron a Apsu, que decidiu matalos, mais un daqueles, Ea, logrou anticiparse e deu morte ao seu pai. Ea enxendrou a Marduk, quen deberá combater a Tiamat, decidida a vingar a morte de Apsu. Finalmente, Marduk derrota a Tiamat e co sangue de Kingu, o segundo esposo de Tiamat, Ea crea a Humanidade.
Na honra de Marduk edificouse en Babilonia o Etenemanki, cigurat de sete pisos de altura do que só se conserva a localización e que quizais se corresponda coa sonada Torre de Babel.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.