filme de 2020 dirixido por Harry Bradbeer From Wikipedia, the free encyclopedia
Enola Holmes[1] é un filme estadounidense de 2020 dirixido por Harry Bradbeer, a partir dun guión de Jack Thorne. Baséase no primeiro libro da serie homónima de novelas de Nancy Springer. Conta a historia da irmá adolescente do famoso detective Sherlock Holmes, a cal vai a Londres na procura da súa nai desaparecida. Está protagonizado por Millie Bobby Brown no papel de Enola, e tamén foi produtora do filme. Henry Cavill, Sam Claflin, Adeel Akhtar, Fiona Shaw, Frances de la Tour, Louis Partridge, Susie Wokoma e Helena Bonham Carter interpretan os papeis secundarios.
Enola Holmes | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Enola Holmes |
Director | Harry Bradbeer |
Produtor |
|
Guión | Jack Thorne |
Baseado en | The Enola Holmes Mysteries: The Case of the Missing Marquess de Nancy Springer |
Intérpretes |
|
Música | Daniel Pemberton |
Fotografía | Giles Nuttgens |
Montaxe | Adam Bosman |
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 23 de setembro de 2020 |
Duración | 123 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Misterio |
Filme seguinte | Enola Holmes 2 |
Na rede | |
Nun principio, estaba prevista a súa estrea nos cinemas a través de Warner Bros. Pictures, mais os dereitos de distribución foron vendidos a Netflix por mor da pandemia por coronavirus de 2019-2020. Enola Holmes estreouse dixitalmente o 23 de setembro de 2020. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que eloxiou especialmente a interpretación de Brown.
Enola Holmes estreouse en galego o 31 de outubro de 2022 a través de Netflix.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.