From Wikipedia, the free encyclopedia
A endonuclease UvrABC é un complexo multiencimático da bacteria Escherichia coli implicado na reparación do ADN por reparación por escisión de nucleótidos, e denomínase tamén excinuclease. Este proceso de reparación por UvrABC, ás veces chamado proceso de parche curto, implica a eliminación de doce nucleótidos nos sitios onde se produciu unha mutación xenética seguida da acción dunha ADN polimerase, que substitúe eses nucleótidos anormais polos nucleótidos correctos, completando así a reparación do ADN. As subunidades que constitúen este encima están codificadas nos xenes uvrA, uvrB e uvrC. Este complexo encimático pode reparar moitos tipos de danos no ADN, incluíndo a formación de dímero de ciclobutilo.[1]
O mecanismo segue a seguinte secuencia:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.