As endonucleases flap ou endonucleases de solapa (abreviadas FEN, tamén coñecidas como nucleases 5' en referencias vellas) son unha clase de encimas nucleolíticos que actúan como exonucleases 5'-3' ou como endonucleases específicas de estrutura sobre estruturas de ADN especializadas que aparecen durante os procesos biolóxicos de replicación, reparación e recombinación do ADN. As endonucleases flap foron identificadas en eucariotas, bacterias, arqueas e nalgúns virus. Os organismos poden ter máis dunha FEN homóloga; esta redundancia pode dar unha indicación da importancia destes encimas. En procariotas, o encima FEN encóntrase como un dominio N-terminal da ADN polimerase I, pero algúns procariotas parece que codifican un segundo homólogo.[1][2][3]

A actividade de endonuclease das FEN foi identificada inicialmente como unha actuación sobre ADN bicatenario que ten unha solapa que sobresae monocatenaria 5' nunha das febras (denominada flap ou solapa 5', de aí o nome do encima).[4] As FEN catalizan a clivaxe hidrolítica do enlace fosfodiéster na unión do ADN monocatenario co bicatenario. As FEN poden tamén actuar como exonucleases 5'-3' sobre o extremo 5' da febra da solapa e sobre o substrato de ADN con 'amosega'.

Os modelos de estrutura proteica baseados en datos de cristalografía de raios X suxiren que as FEN teñen un arco flexible creado por dúas hélices α a través do cal pode enfiarse a febra monocatenaria 5' da estrutura de solapa 5'.[5]

As endonucleases flap foron utilizadas en biotecnoloxía, por exemplo no ensaio Taqman PCR.[6] e no ensaio de polimorfismo de nucleótido simple (SNP) Invader®.[7]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.