From Wikipedia, the free encyclopedia
Emanuel Swedenborg, nado como Emanuel Swedberg en Estocolmo o 29 de xaneiro de 1688 e finado en Londres o 29 de marzo de 1772, foi un científico, teólogo, filósofo e místico[1] sueco, máis coñecido polo seu libro sobre o alén, De caelo et ejus mirabilibus et de inferno, ex auditis et visis (1758).[2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1688 (Xuliano) Jakob and Johannes parish, Suecia (en) |
Morte | 29 de marzo de 1772 (84 anos) Londres, Reino Unido |
Causa da morte | ictus |
Lugar de sepultura | Catedral de Uppsala 59°51′29″N 17°38′00″L |
Relixión | Cristián |
Educación | Universidade de Uppsala |
Actividade | |
Campo de traballo | Teosofía |
Ocupación | físico, místico, escritor, científico, matemático, filósofo, teólogo, inventor |
Empregador | Universidade de Uppsala |
Membro de | |
Familia | |
Familia | Swedenborg (en) |
Cónxuxe | sen valor |
Pai | Jesper Swedberg |
Irmáns | Anna Swedenborg |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dicionário Biográfico Sueco (pt) |
Emanuel Swedenborg era fillo do profesor e bispo luterano Jesper Swedberg (1653–1735), bispo de Skara, un dos máis destacados clérigos do país.
Dende a súa infancia, mostrou paixón polo estudo de todo o que ten relación co universo e o home, observou os mecanismos, as forzas e os influxos que regulan a vida e como se desenvolven. Moito antes dos dez anos, relacionouse co mundo adulto para procurar respostas en temas como a fe, a vida eterna ou a sede da alma, mais descontento coas respostas que obtivo ás súas cuestións, experimentou sobre si mesmo e por si mesmo. Ao experimentar sobre a súa respiración, pensou que tería a partir da infancia acceso a estados de conciencia modificada. Máis tarde fabricou as súas propias lentes ópticas para explorar o infinitamente grande e o infinitamente pequeno.
Ata aos 56 anos de idade, Swedenborg dedicou esencialmente a súa vida ás investigacións científicas que o levaron a numerosos países. Publicou un gran número de libros sobre matemáticas, xeoloxía, química, física, mineraloxía, astronomía, anatomía, bioloxía e psiquiatría, nos cales se localiza o xerme de numerosas ideas brillantes asignadas máis tarde a outros investigadores.
Fixo os planos dun avión, dun submarino, descubriu a función das glándulas endócrinas e o funcionamiento do cerebro e o cerebelo. As súas obras continúan a empregarse nos Estados Unidos en institutos de investigación en psicomotricidade, probando así clinicamente o fundamento de descubrimentos feitos preto de tres séculos antes. Inventou un sistema decimal monetario que serve tamén para o estudo da cristalografía.
Foi o primeiro en desenvolver a hipótese sobre a formación nebulosa do Sistema Solar, dando a natureza da Vía Láctea. Efectuou tamén un estudo avanzado sobre a circulación do sangue e sobre a relación do corazón e os pulmóns.
Aos 56 anos abandonou as investigacións científicas para dedicarse por completo á investigación teolóxica, psicolóxica e filosófica coa fin de facer descubrir aos homes unha espiritualidade racional. Faleceu en 1772 logo de escribir máis dun centenar de obras.
A súa busca insaciable da sede da alma fíxoo relacionarse con personalidades recoñecidas do seu tempo, como Newton, Leibniz e outros membros da Royal Society, así como coas universidades de Oxford e Cambridge. Viaxou por toda Europa patrocinado polo rei Carlos XII e o duque de Brunswick, coa fin de estudar e imprimir os froitos das súas investigacións.
Se en vida influíu en reis, destacados científicos e filósofos, como Newton, Kant ou Voltaire, foi despois da súa morte como consecuencia do coñecemento que naceu sobre as bases do seu pensamento, cando se notou a súa influencia nas esferas relixiosas masónicas e terapéuticas.
Os escritos de Emanuel Swedenborg inspiraron grandes músicos, escritores e psicólogos nas súas obras. Entre eles os máis coñecidos foron Goethe, William Blake, Helen Keller, Gérard de Nerval, Thomas Carlyle, Isaac Pitman, Johnny Appleseed, Balzac, Wagner, Oberlin, Berlioz, Ralph Waldo Emerson, Baudelaire, Paul Valéry, Henry James, Éliphas Lévi, Hahnemann. Jorge Luis Borges deu varias conferencias sobre o místico sueco, de quen afirmou que falaba cos anxos polas rúas de Londres.[4] Carl Gustav Jung debuxou a inspiración da súa «psicoloxía das profundidades» nos Misterios Celestiais, que inflúe polos seus estudos en toda a psicoloxía moderna.
Algúns servíronse dos escritos de Swedenborg e achacáronlle que só tiña como finalidade o espiritismo, mentres que Swedenborg soamente practicaba o espiritismo para convencer, e non sen reticencias, coñecendo ben os peridos desas prácticas. Así, estes grupos lanzaron un descrédito importante contra Swedenborg e os seus escritos, mesturándoo coas súas prácticas sectarias.
Outros mesmo se serviron del sen nomealo directamente para crear o seu propio movemento relixioso, a súa propia igrexa e empregaron a súa teoloxía dun xeito persoal. Entre eles pódense citar o cientifismo, a teosofía e a antroposofía.
Existen numerosas igrexas que citan os seus escritos teolóxicos como a verdade divina e que se atopan esparexidas por todo o mundo. Seguen a Swedenborg decenas de milleiros de adeptos, e a pesar dunha aparencia hermética, os escritos teolóxicos de Swedenborg son simples na súa mensaxe inicial: “Ama o teu próximo como a ti mesmo, purifícate do mal, traballa pola harmonía universal”.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.