From Wikipedia, the free encyclopedia
Elsa Schiaparelli, nada en Roma o 10 de setembro do 1890 e finada en París o 13 de novembro de 1973, foi unha deseñadora de alta costura, fundadora da marca Schiaparelli. A súa dedicación á moda converteuna nunha das deseñadoras máis recoñecidas e famosas do século XX. Os seus modelos eran atrevidos e sorprendentes para os canons da época grazas a inspiración que obtivo do movemento surrealista.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de setembro de 1890 Roma, Italia |
Morte | 13 de novembro de 1973 París, Francia |
País de nacionalidade | Italiana |
Actividade | |
Campo de traballo | Deseño de moda, moda e industria textil |
Ocupación | Deseñadora de moda |
Participou en | |
12 de novembro de 2018 | Jewelry: The Body Transformed (pt) |
Medusa, Bijoux et tabous (pt) | |
All that Glitters (pt) | |
Familia | |
Cónxuxe | Wilhelm de Wendt de Kerlor |
Fillos | Maria Luisa Yvonne Radha |
Pais | Celestino Schiaparelli e Marchesa Maria de Dominicis |
Parentes | Giovanni Schiaparelli, tío Berry Berenson, neta Marisa Berenson, neta |
Descrito pola fonte | Dictionary of Women Worldwide (pt) hedendaagsesieraden.nl (pt) |
Páxina web | schiaparelli.com |
|
Elsa Schiaparelli naceu no Palazzo Corsini en Roma. Era filla de Celestino Schiaparelli, decano da Universidade da Sapienza, director da Lincei Library,[2] orientalista e unha autoridade en sánscrito. A súa nai era aristócrata. Era sobriña do astrónomo Giovanni Schiaparelli, co cal pasou moito tempo estudando os ceos.
Estudou filosofía. Escribiu un libro de poemas eróticos, Arethusa, que non agradaron a súa familia polo que a enviaron a un convento. [3]A comezos de 1910 viaxou a Londres onde coñeceu o conde Wilhelm de Wendt de Kerlor, teósofo e médium.[4] En 1914 casou con el e trasladáronse a vivir a Niza. En 1916, mudáronse a Nova York. Alí coñeceu a Marcel Duchamp e a Alfred Stieglitz.
En 1920 tiveron unha filla, Maria Luisa Yvonne Radha, máis coñecida como Gogo Schiaparelli, que lles deu dúas netas, Marisa Berenson, modelo e actriz; e Berry Berenson, fotógrafa e actriz. O seu matrimonio co conde rematou debido a que este a abandonou pola bailarina Isadora Duncan.
Tras pasar unha tempada en Norteamérica, en 1922, trasladouse a París xunto a súa filla. Alí entrou en contacto cos círculos vangardistas da cidade. En 1924, coñeceu o modisto Paul Poiret. Asentada e ben colocada socialmente, en 1927, Elsa presentou a súa primeira colección e levantou a súa propia marca coa que alcanzou un éxito inaudito e grazas á cal se converteu nun emblema. Un ano máis tarde lanzou o seu primeiro perfume, “S”.
En 1931, deseñou para a tenista española Lilí Álvarez, a primeira saia pantalón, considerada escandalosa para a época, que utilizou no torneo de Roland Garros de París e despois no torneo de Wimbledon.[5][6] Ademais, inaugurou a súa primeira tenda Pour le Sport no número 4 da rue de la Paix, en París. Pouco despois abriu unha tenda en Londres. Xa en 1936 deseñou unha liña de bolsos para a compañía americana Whiting & Davis. Tamén creou o vestiario de Mae West (unha das súas clientas habituais) para o filme Every Day´s a Holiday.[7]
En 1941 refuxiouse da guerra en Nova York ata que en 1945 regresou a París onde presentou a súa nova colección. Nese momento, Hubert de Givenchy comezou a traballar para a marca. Xa en 1953 publicou Shocking Life, a súa autobiografía.[8] Ao final dese ano, House of Schiaparelli pechou mentres que a parte dos perfumes continúa. A deseñadora retirouse á súa casa de Tunisia.
Anos despois da súa morte, o Museo de Arte de Philadelphia dedicou unha retrospectiva ao seu traballo.[9] No ano 2012 o MET de Nova York inaugurou a exposición Schiaparelli and Prada: Impossible Conversations.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.