actriz catalá From Wikipedia, the free encyclopedia
Elisabet Casanovas i Torruella, nada en Sabadell o 15 de decembro de 1994, é unha actriz catalá.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Elisabet Casanovas i Torruella 15 de decembro de 1994 (29 anos) Sabadell (España) |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Período de actividade | 2014 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
É coñecida principalmente polo seu papel na serie de televisión Merlí, na que interpreta o personaxe de Tània Illa, unha adolescente de bacharelato humanístico.[1] Presentou as badaladas de fin de ano da Televisió de Catalunya do ano 2017 co tamén actor Carlos Cuevas.[2] Participou tamén na serie da TV3 Benvinguts a la família co papel de Paula, a moza de Fran.
Traballou en obras de teatro como La Tendresa e El fantasma de Canterville, así como no monólogo Kassandra, na que se pon na pel dunha muller refuxiada transexual que se prostitúe na Europa actual, con trasfondo na guerra de Troia.[3][4]
No ano 2020 protagonizou a comedia romántica Drama, unha produción de RTVE coa colaboración de El Terrat e baixo a dirección de Ginesta Guindal.[5]
Ano | Programa | Canle | Notas |
---|---|---|---|
2015 | Oh Happy Day | TV3 | Convidada |
Merlinades | TV3 | Entrevistada | |
2015 - 2016 | Divendres | TV3 | Entrevistadora e convidada |
2016 | El gran dictat | TV3 | Concursante |
Playcracks 2017 | TV3 | Convidada | |
2016 - 2018 | Àrtic | Betevé | Convidada |
2017 | El sopar | TV3 | Convidada |
Alguna pregunta més? | TV3 | Convidada | |
Tenir o no tenir | TV3 | Convidada | |
2018 | Al cotxe! | TV3 | Convidada |
Engantxats | TV3 | Convidada | |
Quan arribin els marcians | TV3 | Convidada | |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.