filme de 2023 dirixido por Peter Sohn From Wikipedia, the free encyclopedia
Elemental (subtitulado Forces of Nature nalgúns países) é un filme estadounidense de 2023 producido por Walt Disney Pictures e Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. Dirixido por Peter Sohn e producido por Denise Ream, foi escrito por Sohn, John Hoberg, Kat Likkel e Brenda Hsueh, con Pete Docter como produtor executivo. É o filme número 27 producido polo estudio, e conta coas voces de Leah Lewis, Mamoudou Athie, Ronnie del Carmen, Shila Ommi, Wendi McLendon-Covey e Catherine O'Hara. Ambiéntase nun mundo poboado por elementos da natureza antropomórficos, e a historia trata sobre o elemento do lume Ember Lumen (Lewis) e o elemento da auga Wade Ripple (Athie), que se coñece e namoran despois de que Wade caese por accidente nunha tenda de barrio propiedade do pai de Ember, Bernie (Del Carmen).
Elemental | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Elemental |
Director | Peter Sohn |
Produtor | Denise Ream |
Guión |
|
Baseado en | Historia de
|
Intérpretes |
|
Música | Thomas Newman |
Fotografía |
|
Montaxe | Stephen Schaffer |
Estudio | |
Distribuidora | Walt Disney Studios Motion Pictures |
Estrea | Festival de Cannes: 27 de maio de 2023 |
Duración | 109 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Orzamento | 200 millóns de dólares[2] |
Recadación | 496,4 millóns de dólares |
Na rede | |
https://movies.disney.com/elemental e https://www.disney.it/film/elemental | |
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.