Elefante de Sumatra
From Wikipedia, the free encyclopedia
O elefante de Sumatra (Elephas maximus sumatranus) é unha das tres subespecies recoñecidas de elefante asiático, e é nativo da illa de Sumatra, en Indonesia.
Elefante de Sumatra | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Crítico[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||
Elephas maximus sumatranus Temminck, 1847 |
No 2011, o elefante de Sumatra foi clasificado como en perigo crítico pola IUCN xa que a súa poboación descendeu polo menos un 80 % durante as tres últimas xeracións. A subespecie está ameazada principalmente pola perda, degradación e fragmentación do seu hábitat; arredor dun 69 % do seu hábitat desapareceu nos últimos 25 anos. As áreas boscosas que restan son reducidos bloques que non abarcan sequera 250 km², polo que resultan demasiado pequenas para conter poboacións viables de elefantes. Dende 1985 ata 2012 reduciuse á metade o número de individuos desta subespecie, polo que se cre que para o 2040 estará totalmente extinguida.[2]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.