From Wikipedia, the free encyclopedia
As eleccións presidenciais de Venezuela para o período 2013-2019 foron o proceso electoral levado a cabo o 7 de outubro de 2012 en Venezuela, no que foi reelecto o presidente Hugo Chávez para un terceiro mandato consecutivo.
Eleccións presidenciais de Venezuela de 2012 | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2006 (pt) 2013 (pt) → | |||||||||||||||||||||||||||
Data | 7 de outubro de 2012 | ||||||||||||||||||||||||||
Tipo | elección presidencial | ||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | Presidente de Venezuela | ||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
As principais coalicións que disputaron a elección foron o Gran Polo Patriótico (GPP), que apoiaba a reelección de Hugo Chávez, e a Mesa da Unidade Democrática (MUD) que estivo representada por Henrique Capriles Radonski, candidato electo en eleccións primarias, celebradas o 12 de febreiro de 2012.
Hugo Chávez puido ser por terceira vez consecutiva presidente logo de que fose aprobada en referendo en 2009 a Emenda Nº 1 á Constitución, que elimina as restricións á postulación sucesiva para os cargos de elección popular.
Pola súa parte, a oposición, conformada principalmente pola Mesa da Unidade Democrática (MUD) e pola Fronte Constitucional buscaron a través dunha candidatura unitaria derrotar o oficialismo. Logo dos últimos resultados electorais, que foran cualificados por este sector como positivos,[1][2] entre eles, o máis recente no ano 2010, as eleccións para á Asemblea Nacional (Eleccións parlamentarias de Venezuela de 2010), na cal esta coalición obtivo o 47,22 % dos votos válidos.
O Consello Nacional Electoral, máximo órgano do Poder Electoral encargado constitucionalmente do desenvolvemento de todos os procesos electorais en Venezuela, convocou formalmente o proceso o 29 de marzo de 2012.
O domingo 2 de setembro realizouse un simulacro previo das eleccións co fin de que a poboación venezolana puidese familiarizarse co sistema e asesorarse coas papeletas electorais a utilizar, sen totalización de votos nin recontos, e sen testemuñas das diferentes coalicións políticas. O Consello Nacional Electoral declarou que o proceso foi un éxito e que transcorreu con normalidade destacando que o proceso de votación dura entre 1 minuto 5 segundos e un 1 minuto 30 segundos. O proceso foi acompañado por observadores nacionais con acreditación e contou coa participación de pouco máis de 1 millón 890 mil venezolanos e venezolanas.[3][4]
A coalición liderada polo Partido Socialista Unido de Venezuela e integrada polo Partido Comunista de Venezuela, Podemos, PPT, a Unidad Popular Venezolana, Tupamaro, MEP, PSOEV, JOVEN, IPCN e outras organizacións políticas e sociais de esquerda e independentes, apoiou a reelección de Hugo Chávez Frías como presidente de Venezuela. Esta alianza agrupa máis de 34 000 organizacións.[5]
No GPP converxen diversos movementos sociais:[6] entre os que destacan o Colectivo cultural Nuevo Nuevo Circo, "Movimiento del Rock Nacional" de Paul Gillman,[7] Colectivo "Conocimiento Libre para el Socialismo" (COLIBRIS), Colectivo Hip-Hop revolución, Frente Nacional Campesino "Ezequiel Zamora", entre outros.
Chávez anunciou a súa intención de presentarse novamente como candidato presidencial o 4 de marzo de 2011 durante un evento onde se xuramentaban equipos rexionais do PSUV.[8]
O 4 de setembro, poucos días despois do simulacro electoral, Jorge Rodríguez xefe do Comando de Campaña Carabobo informou que en base ás proxeccións obtidas polas súas sondaxes a pé de urna, o 86 % dos votos corresponderon a Hugo Chávez, mais o reitor do Consello Nacional Electoral Vicente Díaz desmentiu as declaracións emitidas e resaltou que o acto só constituíu un simulacro para probar a plataforma tecnolóxica e a capacidade loxística do organismo e que os votos non foron totalizados nin contados, polo que as cifras emitidas polos comandos, tanto oficial como o opositor, foron desestimadas.[9][10][11][12][13][14][15] Non obstante, unha nota de prensa de ABC datada o 3 de setembro[16] que titula Capriles gana el simulacro de las elecciones en Venezuela, según un sondeo oficialista explica que unha enquisa encargada ao IVAD (Instituto Venezolano de Análise de Datos) por Odebrecht dálle ao candidato opositor o 53 % dos votos sobre o 45 % do presidente Hugo Chávez. Seguidamente medios locais e internacionais fanse eco da noticia.[17][18][19][20][21][22][23][24][25][26]
A MUD ou Unidade Nacional estivo integrada por unha trintena de organizacións de distintos espectros políticos e apoiada por diversas organizacións estudantís, de traballadores, sindicatos, intelectuais, artistas, profesionais, grupos sociais e deportivos, así como por diversas comunidades indíxenas que apoiaban o cambio de goberno en 2012. O candidato da MUD para a elección presidencial foi Henrique Capriles logo de resultar electo nunha elección primaria o 12 de febreiro de 2012.
A oposición discutía a posibilidade de participar na elección cunha forza única, para evitar a dispersión do voto. Entre os principais defensores desta idea encontrábanse Copei, MAS, La Causa R, Acción Democrática, Alianza Bravo Pueblo; mentres que Un Nuevo Tiempo e Primero Justicia, os dous partidos opositores con maior votación nas últimas eleccións non apoiaron a proposta, mais, o 30 de xullo de 2011, anunciaron que por unanimidade acordaron utilizar unha posición unitaria, só para a elección presidencial.[27][28][29] Pese a ese anuncio, no momento de realizar as inscricións das candidaturas os partidos Primero Juticia, Un Nuevo Tiempo, Voluntad Popular e outros máis pequenos decidiron non pregarse á tarxeta unitaria xunto ao resto de organizacións da colación.
A Mesa da Unidade resolveu que o candidato para a elección presidencial de 2012 debía resultar electo nunhas eleccións primarias, e para iso presentáronse os seguintes candidatos:
O día 12 de febreiro de 2012 realizáronse as eleccións primarias en Venezuela. En total rexistráronse 2 904 710 votos co 95 % das actas escrutadas, o que representa o 17 % dos electores rexistrados no CNE. Resulta gañador o candidato Henrique Capriles Radonski con 1 806 860 votos, fronte ao candidato Pablo Pérez Álvarez, con 867 601. Pola súa parte, María Corina Machado obtén 103 500, Diego Arria 35 070 e Pablo Medina 14 009. O 13 de febreiro de 2012 a Comisión Electoral da Mesa da Unidade ofreceu un novo balance co 99 % das actas escrutadas para un total de 3 040 449 votos emitidos, dos cales 2 959 413 foron votos válidos.
Ese total distribuíuse do seguinte xeito: Henrique Capriles Radonski, 1 900 528 votos (64,2 %); Pablo Pérez, 896 070 (30,3 %); María Corina Machado 110 420 (3,7 %); Diego Arria 37 834 (1,3 %) e Pablo Medina, 14 456 (0,5 %).
O 14 de febreiro, o Tribunal Supremo de Xustiza ordenou á Mesa da Unidade entregar os cadernos de votación para revisalos[34] debido a unha petición de impugnación de resultados. A oposición alegou que isto violaría un acordo entre a MUD e o CNE, e que o mesmo tribunal declarara dous anos antes que os datos dos cadernos electorais son confidenciais.[35] Pola súa parte, nunha entrevista a Presidenta do CNE declarou que o proceso electoral non acabara, pois estaba pendente a fase de impugnación.
Ese mesmo día na noite no acto de proclamación do candidato ganador, a Presidenta da Comisión Electoral de Primarias Teresa Albanés destacou que o total de votos emitidos foi 3 059 024. Isto inclúe os 18 mil votos de venezolanos no exterior. E resaltou que dese total, 1 913 190 votos foron para Capriles Radonski.
Os outros candidatos que terzaron nestas eleccións son: polo Partido Democrático Unidos por la Paz María Bolívar, por Partido Socialismo y Libertad Orlando Chirinos, por Poder Laboral Reina Sequera, e por Organización Renovadora Auténtica Luis Reyes Castillo. Estes candidatos representan unha minoría en comparación cos dous principais candidatos que son Henrique Capriles Radonski e Hugo Chávez Frías.
O candidato polo partido Vanguardia Bicentenaria Republicana, Yoel Acosta Chirinos declinou as súas aspiracións presidenciais a falta de tres semanas para que se efectúen os comicios e a favor da candidatura da coalición oficial aínda que aos seus partidarios lles indicou que eran libres de sufragar pola opción que desexen sen presión ningunha.[36][37]
O discurso do presidente Chávez na campaña caracterizouse, en parte, polo uso de ataques en contra do seu principal opoñente, Henrique Capriles. "Burgués", "apátrida", así como pexorativos como "majunche" (pouca cosa), "jalabola" (adulador).[38][39]
A resposta de Capriles foi a de evadir a confrontación, solicitando ao Presidente que non use tales adxectivos durante a campaña electoral.[40] Aseguraba tamén, que se encontraba máis preocupado en coñecer os distintos problemas que enfronta cada rexión.[41]
A campaña de Capriles consistiu en paseos realizados en certas cidades venezolanas, no que el denominou como "casa por casa". O candidato e os partidos de coalición da Mesa da Unidade enfocaron a súa estratexia na visita progresiva dunha serie de municipios de até dous estados por día, visitando habitantes dos mesmos de barrios con poboacións con altas precariedades en canto a servizos públicos. O seu percorrido alcanzou o 1 de setembro duascentas poboacións visitadas.[42]
O discurso de Capriles baseouse na atención dos problemas do país, que describía en cada unha das concentracións, onde repetía a súa intención de manter e mellorar os programas sociais ou "misións" (iniciados na administración de Hugo Chávez).
A campaña do Gran Polo Patriótico baseouse na idea de defender os logros e a dirección do proxecto bolivariano pois anunciaban que, de gañar Capriles a presidencia, o rumbo da nación cambiaría completamente. Neste sentido, o groso da comunicación dos medios estatais enfocouse na divulgación dos logros (accións, reformas e programas) do goberno actual.[43][44][45]
Respecto aos discursos, non se pode obviar o uso de descualificacións por parte do candidato oficial de maneira reiterada cara ao seu rival[46], en canto aos medios de comunicación, foi máis dura debido ás propagandas en ofensa ao candidato opositor por parte dos televisores e radios públicos, encargados de divulgar as accións e programas do goberno de Chávez. Tamén se pode resaltar que de acordo a cifras da ONG Espacio Público, citadas polo periodista Nelsón Bocaranda, as agresións contra o SNMP só constitúen o 9 % do total reportado en 2012, sendo o resto dirixido contra os medios independentes e opositores.[47][48]
O 17 de xullo as diferentes coalicións a participar nos comicios asistiron á sede do Consello Nacional Electoral para definir a súa posición na lista electoral. O representante Francisco Ameliach do Gran Polo Patriótico sinalou que esta opción, ao ser a que opta á reelección ocupará as dúas primeiras filas da papeleta; mentres que o dirixente principal Juan Carlos Caldera que representaba a Mesa da Unidade Democrática informou que a opción de Henrique Capriles e os partidos acompañantes era poñerse no centro e zona inferior da mesma, e deste xeito evitar confusións ao electorado.[49]
En xeral, a campaña electoral foi pacífica con incidentes illados de violencia. Cara ao final da campaña, déronse falecidos por causa da violencia política.
O 2 de setembro, catro persoas identificadas coa oposición foron tiroteadas preto dun centro de votación onde se realizaba un simulacro electoral, no municipio Francisco Javier Pulgar, ao Sur do Lago de Maracaibo.[50] Un voceiro da oposición responsabilizou os escoltas do alcalde Luis Ruda, quen é membro do principal partido chavista, o PSUV.[50]
O 12 de setembro, catorce persoas resultaron feridas cando simpatizantes do chavismo bloquearon unha autovía pola que o candidato Capriles planeaba chegar a Puerto Cabello, onde ía facer un mitin.[51] Un automóbil identificado con propaganda do partido opositor Un Nuevo Tiempo foi vandalizado, e rexistráronse pedradas dun bando contra o outro.[52] De todas as maneiras, Capriles, desviou a súa ruta, sen facer presenza no lugar de conflito, e chegou á cidade carabobeña a bordo dunha pequena embarcación pesqueira.[53]
O 29 de setembro, dous dirixentes opositores morreron tiroteados en Barinitas;[54] as vítimas foron identificadas como Antonio Valero de Primero Justicia, e Omar Fernández de Acción Democrática. De acordo á única versión dada, que non foi confirmada nin negada polas autoridades, unha caravana a favor de Capriles foi parada por un grupo de chavistas usando camionetas propiedade do Estado.[54] Cando os opositores se baixaron dos seus vehículos para negociar o pase da caravana, foron tiroteados, sendo ferido de gravidade un fotógrafo. Posteriormente, o ministro de Interior, Tareck El Aissami, informou que detiveran tres persoas, aínda que sen dar detalles de como ocorreran os feitos.[54] O deputado de Primero Justicia, Julio Borges, asegurou que os tres detidos eran empregados públicos, especificamente do Ministerio de Interior e da Policía Estatal de Barinas, esta última baixo o mando de Adán Chávez, irmán de Hugo Chávez.[55] O deputado chavista Diosdado Cabello cualificou de "irresponsable e bobo" a Borges polas súas declaracións.[55] O deputado opositor Julio Cesar Reyes criticou que Nelson Quintero, director Rexional de Ambiente no estado Barinas e xefe do Comando Carabobo en Barinitas, onde ocorreron as mortes, non fora detido, posto que o seu carné foi encontrado no lugar dos feitos, e supostamente os tiros realizáronse desde unha camioneta estatal asignada a el, e que quedou abandonada no sitio.
A maioría das enquisas realizadas no país déronlle vantaxe a Chávez. Esta diferenza sufriu poucas variacións desde a proclamación de Capriles como contrincante seu,[56][57] aínda que se pode constatar un lixeiro crecemento da intención de voto para Capriles a partir de xullo. A seriedade dalgunhas empresas enquisadoras foi tildada de dubidosa polos dous bandos, no que se catalogou como unha gran "guerra de enquisas". Persoeiros da oposición sinalaron que algunhas das enquisas eran feitas por entes do mesmo goberno e outras por compañías dirixidas por achegados e incluso ex funcionarios da administración de Hugo Chávez;[58] tal é o caso do exministro Jesse Chacón quen dirixe o Grupo de Investigación Social, Siglo XXI (GISXXI). En cambio, representantes do goberno e medios estatais sinalaron algunhas enquisadoras de estar coa oposición. Tal é o caso, por exemplo, de Datanálisis e Hinterlaces.[59][60][61] A axencia de noticias EFE tildou de "antichavistas" as enquisadoras Datanálisis e IVAD.[62] O analista político uruguaio-venezolano Aram Aharonian cualificou o director de Datanálisis como "libretista da oposición".
Como reacción ás enquisas de Hinterlaces de maio de 2012, que deron como gañador a Hugo Chávez, o político opositor do partido Primero Justicia (PJ), Tomás Guanipa, acusou a enquisadora de recibir financiamento por parte do goberno.[63] Tal acusación foi rexeitada enerxicamente polo presidente do Instituto, Oscar Schemel.[64][65]
Entre as principais firmas, están Datanálisis, Hinterlaces, GIS XXI e IVAD, as cales outorgaron diferenzas notables a favor do actual presidente Hugo Chávez por marxes de até 35 puntos, e tamén as de Consultores 21, Predicmática, JDP, DatinCorp, Interdata, entre outras, que lle deron vantaxe ao candidato Henrique Capriles, ou incluso, que había un empate técnico entre estes.
A continuación destácanse os estudos e sondaxes das firmas principais do escrutinio político e público venezolano.
Enquisadora | Fonte | Data | Candidato Gran Polo Patriótico (GPP) | % | Candidato Mesa de la Unidad Democrática (MUD) | % | Liderado | Tamaño de mostra | Indecisos e N/R |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Consultores 21 | Consultores 21 | 2 de outubro de 2012 | Hugo Chávez Frías | 47.2% | Henrique Capriles Radonski | 51.8% | 4.6% | 1546 | 1.0% (77% de participación) |
Top Data Consultores | Top Data Consultores | 29 de setembro de 2012 | Hugo Chávez Frías | 42.62% | Henrique Capriles Radonski | 49.72% | 7.1% | 4700 | 7.66% |
Predicmática | Predicmática Arquivado 01 de outubro de 2012 en Wayback Machine. | 26 de setembro de 2012 | Hugo Chávez Frías | 47.1% | Henrique Capriles Radonski | 52.9% | 5.8% | 1600 | - |
Hercón Consultores | Hercón Consultores | 26 de setembro de 2012 | Hugo Chávez Frías | 44% | Henrique Capriles Radonski | 48.8% | 4.8% | 2000 | 7.2% |
Datanálisis | Datanálisis Arquivado 28 de xullo de 2014 en Wayback Machine. | 25 de setembro de 2012 | Hugo Chávez Frías | 49.4% | Henrique Capriles Radonski | 39.0% | 10.4% | 1.600 | 11.6% |
Hinterlaces | Hinterlaces | 22 de setembro de 2012 | Hugo Chávez Frías | 50% | Henrique Capriles Radonski | 34% | 16% | 1633 | 14% (2% Ningún) |
Varianzas | Varianzas | 20 de setembro de 2012 | Hugo Chávez Frías | 49.7% | Henrique Capriles Radonski | 47.7% | 2.0% | 2000 | 2.6% |
6to Poder Datos | 6to Poder Datos | 18 de setembro de 2012 | Hugo Chávez Frías | 46.17% | Henrique Capriles Radonski | 43.25% | 2.92% | 1200 | 7.92% |
International Consulting Services (ICS) | International Consulting Services (ICS)[Ligazón morta] | 17 de setembro de 2012 | Hugo Chávez Frías | 55.1% | Henrique Capriles Radonski | 35.4% | 19.7% | 2200 | 3.1% (6.4% non votará) |
Instituto Venezolano de Análisis de Datos (IVAD) | Instituto Venezolano de Análise de Datos (IVAD) | 18 de setembro de 2012 | Hugo Chávez Frías | 53.3% | Henrique Capriles Radonski | 32.7% | 20.6% | -- | 14% |
Consultores 30-11 | Consultores 30-11[Ligazón morta] | 14 de setembro de 2012 | Hugo Chávez Frías | 56.5% | Henrique Capriles Radonski | 34.4% | 22.1% | -- | 8.1% |
Datos Interdata-Opinión | Datos Interdata Opinion | 13 de setembro de 2012 | Hugo Chávez Frías | 47.07 | Henrique Capriles Radonski | 50.64 | 3.57% | 18803 | 2.27% |
GIS XXI | Grupo de Investigación Social, Siglo XXI (GIS XXI) | 12 de setembro de 2012 | Hugo Chávez Frías | 60.1% | Henrique Capriles Radonski | 39.9% | 20.2% | 2500 | 2% |
Sete dos oito candidatos en disputa.[66]
Partido político/Coalición política | Candidato | Votos |
% | |
---|---|---|---|---|
Gran Polo Patriótico | Hugo Chávez Frías | 8 136 637 | 55.25% | |
Mesa de la Unidad Democrática | Henrique Capriles | 6 499 575 | 44,13% | |
Poder Laboral | Reina Sequera | 69.533 | 0,47% | |
Organización Renovadora Auténtica | Luis Reyes Castillo | 8.168 | 0,05% | |
Partido Democrático Unidos por la Paz | María Bolívar | 7.339 | 0.04% | |
Partido Socialismo y Libertad | Orlando Chirino | 4.105 | 0.02% | |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.