Elridge Cleaver, nado en Wabbaseka (Arcansas) o 31 de agosto de 1935 e finado en Pomona (California) o 1 de maio de 1998, foi un defensor dos dereitos civís estadounidense, foi un dos membros máis importantes e influentes do partido Panteras Negras, e autor dunha das obras máis importantes do movemento: Soul of Ice.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaEldridge Cleaver
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1935 Editar o valor en Wikidata
Wabbaseka, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de maio de 1998 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Pomona, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de próstata Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMountain View Cemetery and Mausoleum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaEstados Unidos de América (1975–)
Francia Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónAbraham Lincoln High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, activista polos dereitos civís, político, violador (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Membro de
Outro
CónxuxeKathleen Neal Cleaver (1967–1987) Editar o valor en Wikidata
Condenado porasalto
narcotráfico Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Biographical Dictionary of the American Left (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 0b80b9a7-aaca-480d-a83e-a863332df69b Discogs: 560766 Allmusic: mn0001449266 WikiTree: Cleaver-1007 Find a Grave: 3507 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

A súa familia trasládase primeiro a Phoenix (Arizona) e despois aos Ánxeles (California). É detido por delitos menores durante a súa adolescencia e en 1957 condenado por asalto e intento de asasinato. Tamén recoñeceu moito despois as súas actividades como violador de mulleres na súa mocidade, feitos que tentou desvincular do seu pensamento político. En 1966 sae da prisión e ese mesmo ano ingresa na sección de Oakland dos Panteras Negras.

En 1968 preséntase como candidato á Presidencia polo Partido Paz e Liberdade. Ese mesmo ano é ferido durante un enfrontamento dos Panteras Negras coa policía no que morre o militante Bobby Hutton. Acusado de intento de asasinato abandona o país e refuxiase en Alxeria, onde segundo as súas memorias, recibiría cartos da república de Vietnam do Norte, en guerra cos Estados Unidos. No país africano terá problemas coas autoridades que o fan temer pola súa vida, e refuxiarse brevemente no Estado francés e máis tarde en Cuba.

Elridge Cleaver volverá aos Estados Unidos en 1975 renunciando aos Panteras Negras. Nos anos 80, e a consecuencia das súas experiencias en países socialistas, Elridge Cleaver renuncia á súa ideoloxía e se bautiza na Igrexa dos Santos dos Últimos Días. Tamén se presentará ás eleccións para o Senado polo Partido Republicano, naquela altura baixo o liderado de Ronald Reagan. Nesa época vólvese tamén adicto ao crack, droga que non poderá deixar até o ano 1994.

Morreu de cancro de próstata, e foi soterrado en Pasadena.


Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.