actriz británica From Wikipedia, the free encyclopedia
Edith Mary Evans, DBE, nada en Londres o 8 de febreiro de 1888 e finada na mesma cidade o 14 de outubro de 1976, foi unha actriz británica cunha longa e distinguida carreira na escena do seu país. Polas súas interpretacións en cinema recibiu tres candidaturas ao Oscar e gañou un BAFTA e un Globo de Ouro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1888 Londres, Reino Unido |
Morte | 14 de outubro de 1976 (88 anos) Cranbrook, Reino Unido (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro, actriz de cinema, actriz |
Período de actividade | 1915 - 1976 |
Partido político | California Republican Party (en) |
Obra | |
Arquivos en |
|
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Эванс Эдит) Obálky knih, Great Soviet Encyclopedia (1950–1958) (en) , (vol:48, p.291) |
|
Foi particularmente efectiva interpretando altivas damas dea aristocracia, como se aprecia en dous dos seus papeis máis famosos: Lady Bracknell en The Importance of Being Earnest, tanto en teatro como no filme de 1952, e Miss Western no filme de 1963 Tom Jones. En contraste, interpretou unha vella muller caída na pobreza no filme de 1967 The Whisperers.
Edith Evans naceu en Londres, filla de Edward Evans, empregado público e a súa dona, Carolina Ellen Foster. Estudou na escola St. Michael da Igrexa de Inglaterra en Pimlico, antes de ser aprendiza de modista aos quince anos de idade, en 1903.
A súa primeira interpretación teatral foi en Streatham en outubro de 1910 coa personaxe de Viola en Noite de reis. En 1912 descubriuna o producor William Poel, co que realizou a súa primeira aparición profesional en agosto interpretando a personaxe de Gautami nun clásico hindú do século XVI, Sakuntala. Recibiu moita atención coa súa interpretación de Crésida en Troilo e Crésida, presentada en Londres e logo en Stratford-upon-Avon.
Durante a súa longa carreira de máis de 60 anos de actuación interpretou uns 150 papeis, incluíndo varias obras de Shakespeare, William Congreve, Ibsen, Wycherley, Wilde, e autores contemporáneos como Shaw, Enid Bagnold, Christopher Fry e Coward.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.