Primeiros satélites de comunicacións experimentais da NASA. From Wikipedia, the free encyclopedia
Os dous satélites Echo foron os primeiros satélites de comunicacións experimentais da NASA, lanzados durante a década de 1960. Tratábase de satélites de comunicacións pasivos, nos que as ondas electromagnéticas reflectíanse para poder alcanzar maiores distancias e comunicar dous puntos afastados sobre a Terra.
Ámbolos dous satélites consistían en enormes globos feitos de mylar (un material reflectante) e un pequeno paquete coa electrónica e o sistema de inflado do globo. O diámetro de Echo 1 era de 30,48 m, mentres que o de Echo 2 era de 41 m.
O satélite Echo 1 orixinal tivo o seu primeiro intento de lanzamento o 13 de maio de 1960, pero o control de actitude da segunda etapa do foguete non funcionou correctamente e finalmente o satélite non alcanzou órbita. A substitución de Echo 1, chamada Echo 1A, foi lanzado o 12 de agosto de 1960 mediante un foguete Thor-Delta desde Cabo Cañaveral, e xeralmente é coñecido como Echo 1, sen máis.
Echo 1 tiña forma de globo de 30,48 m de diámetro e 180 kg de peso, e estaba formado por unha película reflectante de mylar de 0,0127 mm de espesor e un paquete coa electrónica e os transmisores para monitorizar o satélite e enviar datos do seu estado mediante telemetría. O satélite reflectía as ondas electromagnéticas incidentes, permitindo que os sinais de telefonía, radio e televisión chegaran a puntos afastados da Terra. A telemetría do satélite emitíase en 107,9 MHz e os transmisores estaban alimentados por cinco baterías de níquel-cadmio cargadas por 70 células solares montadas sobre o globo.
Ademais da súa función de satélite de comunicacións pasivo, o enorme tamaño e pouco peso de Echo 1 serviu para estudar a densidade da atmosfera á altura da órbita do satélite e a presión da radiación solar. Durante as últimas etapas da misión, tamén foi usado para verificar a factibilidade da triangulación por satélite.
Echo 1 foi inxectado nunha órbita inicial de 1058,7 km de perixeo, 1966,2 km de apoxeo, 47,3 graos de inclinación orbital e un período orbital de 116,2 minutos.[1] Reentrou na atmosfera o 24 de maio de 1968.[2]
O satélite Echo 2 foi lanzado o 25 de xaneiro de 1964 mediante un foguete Thor-Agena B desde a base aérea de Vandenberg e tiña forma de globo de 41 m de diámetro e 256 kg de peso, estando formado por unha película reflectante con varias capas de mylar e aluminio e un paquete coa electrónica e os transmisores para monitorizar o satélite e enviar datos do seu estado mediante telemetría. Ó igual que Echo 1, Echo 2 reflectía os sinais electromagnéticos para comunicar partes distantes do planeta. A telemetría do satélite emitíase en 136,17 e 136,02 MHz, cunha potencia mínima de 45 mW. Os transmisores estaban alimentados por baterías cargadas por células solares. O satélite foi usado tamén para realizar medicións xeodésicas.
Echo 2 foi inxectado nunha órbita inicial de 1031 km de perixeo, 1316 km de apoxeo, 85,5 graos de inclinación orbital e un período orbital de 108,8 minutos.[3] Reentrou na atmosfera o 7 de xuño de 1969.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.