Rei de Northumbria From Wikipedia, the free encyclopedia
Ecgfrith, nado c. 645 e finado o 20 de maio de 685, foi Rei de Northumbria desde o ano 670 até a súa morte. Gobernou Northumbria cando estivo no seu apoxeo, pero o seu reino terminou cunha desastrosa derrota na cal perdeu a vida.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2016.) |
Nome orixinal | (ang) Ecgfriþ (en) Ecgfrith |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | valor descoñecido |
Morte | 20 de maio de 685 Batalla de Dunnichen |
Causa da morte | morte en combate |
Rei de Northumbria | |
15 de febreiro de 670 – 685 ← Oswiu de Northumbria – Aldfrith de Northumbria → | |
Rei de Bernicia | |
670 (Gregoriano) – 685 (Gregoriano) ← Oswiu de Northumbria – Aldfrith de Northumbria → | |
Rei de Deira | |
665 (Gregoriano) – 670 (Gregoriano) ← Alchfrith de Deira – Aelfwine de Deira → | |
Rei de Deira | |
664 (Gregoriano) – 670 (Gregoriano) ← Alchfrith de Deira – Aelfwine de Deira → Nomeado por: Oswiu de Northumbria | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Leodwaldings (en) |
Cónxuxe | Aethelthryth (660 (Gregoriano), 667 (Gregoriano)–679 (Gregoriano)) Iurminburg |
Pais | Oswiu de Northumbria e Eanfleda de Deira |
Irmáns | Ostrida Alfleda Aldfrith de Northumbria Alchfrith de Deira Aelfwine de Deira |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica |
Ecgfrith foi fillo do seu predecesor como rei, Oswiu de Northumbria. Beda cóntanos na súa Historia Eclesiástica da Xente Inglesa, que Ecgfrith foi tomado como refén "na corte da raíña Cynwise na provincia dos mercios" nos tempos da invasión de Northumbria por Penda de Mercia no ano 654 ou 655. Penda, con todo, foi derrotado e morreu na Batalla de Winwaed, a mans dos northumbreses ao comando de Oswiu, unha vitoria que expandiu considerablemente o poder e territorio de Northumbria.
Ecgfrith foi nomeado Rei de Deira, un subreino de Northumbria, en 664, e converteuse en rei de Northumbria despois da morte do seu pai o 15 de febreiro de 670. casou con Eteldreda de Ely, filla de Ana de Anglia Oriental, en 660; con todo, ela elixiu o hábito pouco despois de que Ecgfrith ascendese ao trono, algo que posiblemente ocasionou o longo conflito con Wilfrido, o Arcebispo de York. Ecgfrith casou por segunda vez con Eormenburga, antes de 678, o ano no que expulsou a Wilfrido do seu reino.
A principios do seu reino derrotou aos Pictos, os cales se alzaron en armas, e crearan o subreino de Lothian. En 674, Ecgfrith derrotou a Wulfhere de Mercia e capturou o Reino de Lindsey. En 679, loitou contra Mercia que estaba baixo liderado de Aethelred (o cal casou con Osthryth, a irmá de Ecgfrith) no río Trent. Aelfwine, o irmán de Ecgfrith, morreu en combate, e a provincia de Lindsey foi cedida cando a paz foi restaurada por intercesión de Teodoro de Tarso.
En 684, Ecgfrith mandou unha expedición a Irlanda a cargo do xeneral Berht, a cal parece que non foi exitosa, xa que ningún terreo irlandés foi conquistado polos anglosaxóns. Pero a expedición foi exitosa no sentido de que os homes de Ecgfrith puideron saquear aldeas levando escravos e tesouros de regreso a casa. En 685, en contra das advertencias de Cuthberht de Lindisfarne, dirixiu un escuadrón en contra dos pictos, os cales eran dirixidos polo seu primo Bruide mac Bili, e foi enganado nunha retirada falsa a cal os levou até unha trampa onde o seu réxime foi sorprendido, e na cal morreu. Esta confrontación, coñecida como Batalla de Nechtansmere, debilitou o control de Northumbria no norte, e Beda marca este punto como o principio do declive de Northumbria. Foi remplazado polo seu irmán ilexítimo, Ealdfrith.
Ecgfrith parece ser o primeiro rei de Northumbria, e así mesmo, o primeiro rei anglosaxón, en instituír o penique de prata, o cal se convertería na moeda base de Inglaterra por varios séculos. Existiron moedas anglosaxoas antes, pero estas foron raras de atopar, a máis común foi o xilin de ouro, ou "thrymsas", copiadas de modelos romanos. Os peniques, ou "sceattas", foron grosos, feitos en moldes, posiblemente copiados de moedas merovinxias, e foron repartidas a grande escala.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.