Familia de satélites artificiais de investigación dos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia
Environmental Research Satellites, ou abreviadamente ERS, foi o nome dun tipo de satélites artificiais estadounidense adicado á realización de medicións e experimentos tecnolóxicos e de enxeñería no espazo.[1][2][3][4][5][6][7]
Segundo o modelo, os satélites ERS variaban en masa de 0,7 a 45 kg, en tamaño de 22 a 51 cm de diámetro, e podían levar entre un e 14 experimentos a bordo. Para abaratar custos, os satélites ERS eran lanzados como carga secundaria xunto con satélites máis grandes. Unha das funcións principais dos experimentos dos ERS era determinar a fiabilidade de compoñentes mellorados e subsistemas destinados a ser usados en satélites posteriores.[1][2][3][4][5][6][7]
Unha características especial dos satélites ERS era que funcionaban sen batería, tan só usaban células solares integradas na superficie dos satélites.[1][2][3][4][5][6][7]
Lanzáronse ata 33 satélites do tipo ERS tanto desde a base de Cabo Cañaveral como desde a Base Vandenberg da Forza Aérea e mediante foguetes Atlas e Delta.[1][2][3][4][5][6][7][8]
Os ERS dividíanse en diferentes familias que usaban diferentes designacións:
Varios dos satélites non se lanzaron por ser prototipos ou non se dispón de información sobre eles. Son os ERS 11 (prototipo) e os ERS 14, 19 e do 22 ao 25 inclusive (sen datos).[8]
Data[1][2][3][4][5][6][7][8] | Rampla de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8] | Carga[1][2][3][4][5][6][7][8] | Resultado[1][2][3][4][5][6][7][8] | Notas[1][2][3][4][5][6][7][8] |
---|---|---|---|---|
17 de setembro de 1962 | Base Vandenberg | TRS 1 (ERS 2) | Éxito parcial | Primeiro lanzamento dun satélite ERS. |
11 de novembro de 1962 | Base Vandenberg | ERS 1 | Fallo | |
17 de decembro de 1962 | Base Vandenberg | ERS 3 | Fallo | |
17 de decembro de 1962 | Base Vandenberg | ERS 4 | Fallo | |
9 de maio de 1963 | Base Vandenberg | TRS 2 (ERS 5) | Éxito | |
9 de maio de 1963 | Base Vandenberg | TRS 3 (ERS 6) | Éxito | |
12 de xuño de 1963 | Base Vandenberg | ERS 7 | Fallo | |
12 de xuño de 1963 | Base Vandenberg | ERS 8 | Fallo | |
19 de xullo de 1963 | Base Vandenberg | TRS 4 | Éxito | |
19 de xullo de 1963 | Base Vandenberg | ERS 10 | Fallo | O satélite non se separou do satélite principal, Midas 9. |
17 de outubro de 1963 | Cabo Cañaveral | TRS 5 | Éxito | |
17 de xullo de 1964 | Cabo Cañaveral | TRS 6 | Éxito | |
20 de xullo de 1965 | Cabo Cañaveral | ORS 3 | Éxito | |
9 de xuño de 1966 | Base Vandenberg | ORS 2 | Éxito parcial | |
19 de agosto de 1966 | Base Vandenberg | ORS 1 | Éxito | |
28 de abril de 1967 | Cabo Cañaveral | ORS 4 | Éxito | |
28 de abril de 1967 | Cabo Cañaveral | OV5 1 | Éxito | |
28 de abril de 1967 | Cabo Cañaveral | OV5 3 | Éxito | |
13 de decembro de 1967 | Cabo Cañaveral | TTS 1 | Éxito | |
16 de agosto de 1968 | Base Vandenberg | OV5 8 | Fallo | |
26 de setembro de 1968 | Cabo Cañaveral | OV5 2 | Éxito | |
26 de setembro de 1968 | Cabo Cañaveral | OV5 4 | Éxito | |
8 de novembro de 1968 | Cabo Cañaveral | TTS 2 | Éxito | |
23 de maio de 1969 | Cabo Cañaveral | OV5 5 | Éxito | |
23 de maio de 1969 | Cabo Cañaveral | OV5 6 | Éxito | |
23 de maio de 1969 | Cabo Cañaveral | OV5 9 | Éxito | |
27 de agosto de 1969 | Cabo Cañaveral | TTS 3 | Fallo | |
29 de setembro de 1971 | Cabo Cañaveral | TTS 4 | Éxito | Último voo dun satélite ERS. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.