dinastía irlandesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Eóganachta ou Eoghanachta (Eugenians, en inglés) eran unha dinastía irlandesa radicada ó redor do Castelo de Cashel e que dominaron o sur de Irlanda dende o século VI ou VII ao século X, e de forma restritiva, o Reino de Desmond e o seu vástago a baronía de Carbery, até o século XVI.[1] Segundo a tradición, a dinastía foi fundada por Conall Corc (tamén chamado Corc mac Luigthig), pero o nome recibiuno do seu devanceiro Éogan, o fillo primoxénito do semimitolóxico rei Ailill Aulom, do século III. Esta denominación dinástica do clan nunca tivo un sentido de "apelido", sendo seguramente restrinxido ós membros da casa real descendentes de Conall Corc, que se estabeleceron en Cashel despois do século V.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.