From Wikipedia, the free encyclopedia
Dryopteridaceae é unha familia de fieitos que forma parte da orde Polypodiales. Unha das especies máis representativas da familia é o fento macho.
Dryopteridáceas | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
|
As dryopteridáceas son plantas vasculares con ciclo de vida haplodiplonte onde a alternancia de xeracións é ben manifesta, con esporófito e gametófito multicelulares e independentes, con esporas como unidade de dispersión e de resistencia. O gametófito é un "talo" (corpo sen organización), e o esporófito é un "cormo" (con raíz, vástago e sistema vascular). Debido a estas características tradicionalmente agrúpanse coas "pteridófitas".
Os rizomas son rastreiros, ascendentes, ou erectos, e ás veces trepadores. Teñen escamas non clatradas nos ápices.
Os pecíolos teñen numerosos feixes vasculares redondos que nun corte transversal forman un anel.
As láminas son monomórficas, ás veces dimórficas, outras veces teñen escamas ou glándulas, moi pouco comunmente con pelos. Veas pinnuladas ou bifurcadas, poden variar de ser libres até varias veces anastomosadas.
Os soros xeralmente son redondos. O indusio é redondo, con forma de ril ou peltado (perdido en moitas ramas), ou soros dispostos de forma acrosticoide e sen indusio nalgunhas ramas.
Os esporanxios teñen un pé curto que pode variar e ser longo.
As esporas teñen forma de ril e con marca monolete.
Número de cromosomas: x = 41 (case todos os xéneros nos que foron contados), raramente x = 40 (presumiblemente un carácter secundario).
A familia está composta por preto de 40-45 xéneros. Moitos autores consideraron á familia Dryopteridaceae como incluíndo a moitos máis xéneros que os que aquí se mencionan, o cal volvería á familia definitivamente parafilética a menos que se incluísen nela varias familias ben circunscritas, como Aspleniaceae, Polypodiaceae, Thelypteridaceae. Dryopteridaceae sensu stricto, como está definida aquí, é case con seguridade monofilética.
1.700 especies, 70 % das cales están nos 4 primeiros xéneros da lista:
Esta familia sería case con seguridade monofilética se se excluísen dela os xéneros Didymochlaena, Hypodematium e Leucostegia incluídos aquí (Hasebe et al. 1995, Tsutsumi e Kato 2006). A inclusión destes tres xéneros pode converter á familia en parafilética, pero tentativamente son incluídos nela por Smith et al. (2006) ata que as relacións filoxenéticas deses xéneros sexan determinadas por análises vindeiras.
Terrestres, epipétricas, hemiepífitas, ou epífitas.
Pantropicais, pero tamén teñen moitos representantes de climas tépedos.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dryopteridaceae |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dryopteridaceae |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.