From Wikipedia, the free encyclopedia
Drugs.com, ás veces referenciado como drugsdotcom (tal como se pronuncia en lingua inglesa, literalmente fármacos-punto-com) é unha enciclopedia farmacéutica en liña que presenta información sobre medicamentos para usuarios e profesionais da saúde, principalmente nos Estados Unidos.
Drugs.com | |
---|---|
Tipo | negocio e páxina web |
Data de fundación | 2001 |
País | Nova Zelandia |
Na rede | |
https://www.drugs.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A páxina web Drugs.com é propiedade e está xestionada polo Drugsite Trust, un fideicomiso privado administrado por dous farmacéuticos neozelandeses, Karen Ann e Phillip James Thornton. Operando na nube de IBM, Drugs.com proporciona información sobre uns 24.000 medicamentos, foi visitada por 50 millóns de usuarios ao mes en 2021 e ten un tempo de descarga dun segundo.[1]
Foi lanzado oficialmente en setembro de 2001[2] e reúne información de fontes como Cerner Multum, Micromedex de Thomson Reuters, Wolters Kluwer Health, a U.S Food and Drug Administration (FDA), Physicians' Desk Reference, Stedmans, AHFS, Harvard Health Publications, North American Compendiums, PharmaLive ou Healthday.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.