Donegal

vila do condado de Donegal, en Irlanda From Wikipedia, the free encyclopedia

Donegalmap

Donegal (en irlandés: Dún na nGall) é unha cidade do condado homónimo da República de Irlanda, o condado de Donegal. Foi a capital do antigo reino de Tyrconnell (a terra de Conall), un territorio máis extenso que o actual condado, gobernado polo clan dos O'Donnell. Perdeu esta condición no século XVI, trala invasión inglesa que rematou co poder dos O´Donnell e estabeleceu á cidade de Lifford como "County Town".

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Donegal
Dún na nGall (ga)
Thumb
Thumb

Localización
Thumb
 54°39′00″N 8°07′01″O
EstadoIrlanda
ProvinciasUlster
CondadosCondado de Donegal
Capital de
Poboación
Poboación2.618 (2016) (987,92 hab./km²)
Xeografía
Superficie2,65 km²
Altitude32 m
Datos históricos
Evento clave
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico74
Outro
Irmandado con

Sitio webdonegaltown.ie
Pechar

É a cuarta cidade máis poboada do condado, tras Letterkenny (19,588 habitantes), Buncrana (7,199), e Ballybofey (4,852).

A orixe e significado do seu nome é a expresión gaélica Dún na nGall, que significa "o forte dos estranxeiros".[1] Estes estranxeiros deberon ser viquingos daneses que chegaron a esta terra antes do século XII.[2]

Xeografía

Atópase no centro da baía homónima, e distínguese das outras cidades do condado pola súa disposición urbanística. De orixe moi probablemente viquinga, no presente é unha localidade dedicada á pesca e ó turismo, este último bastante intenso grazas á súa estratéxica posición (xa que está situada sobre a estrada estatal que leva a Derry e a Letterkenny) e tamén grazas ós influxos históricos que a caracterizan.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.