Dolmen de Menga
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O dolmen de Menga é unha construción megalítica situada no concello de Antequera, (Málaga). Construído no 2500 a. C. aínda que as datacións máis recentes son do 3790 ao 3730 a. C.[1]
(es) Dolmen de Menga | ||||
Tipo | dolmen monumento dolmen | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Sitio dos dolmens de Antequera | |||
Localización | ||||
División administrativa | Antequera, España | |||
| ||||
Características | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2016 (40ª Sesión) | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 18 de febreiro de 2009 | |||
Identificador | RI-51-0000253 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 6 de abril de 1931 | |||
Identificador | RI-51-0000253 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 26 de xullo de 1923 | |||
Identificador | RI-51-0000253 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 12 de xullo de 1923 | |||
Identificador | RI-51-0000253 | |||
Historia | ||||
Período de tempo | Idade do Cobre | |||
O dolmen de Menga aparece citado por primeira vez nun manuscrito de Agustín de Tejada y Páez, de 1587, co título de Discursos históricos de Antequera no que se fala da existencia de “…una cueva que se dice de Menga y otra que junto a ella, poco ha, se ha descubierto…”.[2] En 1847 Rafael Mitjana, arquitecto de Málaga, na súa obra titulada: Memoria sobre el templo druida hallado en las cercanías de la ciudad de Antequera[3] fai un estudo monográfico sobre Menga. En 1886 foi declarado Monumento Nacional[4].
Está situado a uns 3 km nas aforas da cidade de Antequera, Málaga xunto co dolmen de Viera e Tholos del Romeral os tres forman o maior conxunto megalítico de España e un dos maiores de Europa.
Na primeira lousa de entrada á esquerda hai unhas inscricións de figuras antropomórficas.
A planta do monumento megalítico é rectangular de 27,50 metros de longo e un máximo de 4 m de altura. A entrada é de 2,70 m e amplíase a 3,50 m e xa dentro da cámara chega a ter un máximo de 6 m no terzo final.
En 2004 co inicio de novas investigacións e escavacións ao fondo da cámara redescubriuse un pozo de 1,50 m de diámetro e unha profundidade de 19,50 m construído polos mesmos construtores do megálito xa que se teñen atopado as pedras empregadas na súa construción como ferramentas.[5] O nivel da auga no pozo varía coa seca.
As paredes do dolmen son grandes pedras ortostáticas. En cada banda ten 12 destas grandes pedras e no fondo hai unha soa. A cuberta do dolmen son 5 lousas faltando a primeira que estaría na entrada. A máis grande das lousas, a do fondo, calcúlase que pesa unhas 180 toneladas. Nas unións destas grandes lousas do teito hai tres piares en liña, só un deles soporta o peso da lousa[6].
Todo o dolmen esta baixo un túmulo de entre 50 e 120 m de diámetro coa entrada orientada ao nordeste (acimut de 45 graos), ao norte do solsticio de verán. O monumento mira cara á Peña de los Enamorados.
O dolmen ten iluminación artificial interior e está aberto a visitas. Preto del hai un centro de interpretación. A Xunta de Andalucía está a traballar para que a UNESCO lle dea ao conxunto megalítico (Menga, Viera e El Romeral) o recoñecemento como Patrimonio da Humanidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.