From Wikipedia, the free encyclopedia
A Segunda División de fútbol sala (ata 2011 chamada División de Prata) é a segunda categoría de fútbol sala en España, organizada pola Liga Nacional de Fútbol Sala. Atópase por baixo da Primeira División (antes División de Honra), máxima categoría do fútbol sala, e dispútase dende 1993.
Tipo | liga de fútbol sala |
---|---|
Organizador | Liga Nacional de Fútbol Sala |
Liga superior | Primeira División da LNFS |
Número de participantes | 16 |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1993 – |
Outro | |
Páxina web oficial | lnfs.es |
O sistema de competición enfronta aos equipos da liga entre eles en dúas ocasións: unha como local e outra como visitante. Ao compoñerse actualmente a Segunda División de 16 equipos, a liga conta con 30 xornadas na súa fase regular. Séguese o sistema de puntuación FIFA, con 3 puntos por vitoria, 1 por empate e 0 por derrota. Na liga regular non hai prórrogas e o partido conclúe cando finaliza o tempo regulamentario.
Ao finalizar a tempada regular, o primeiro clasificado ascende a Primeira División. Pola súa parte, os equipos que finalicen entre o segundo e o quinto posto xogarán un playoff a ida e volta, con terceiro partido de desempate. Os equipos filiais non poden ascender nin xogar a promoción de ascenso. Por outro lado, os tres últimos clasificados descenden a Segunda División B (antes Primeira Nacional A).
Ao longo da súa historia, a Segunda División tivo distintas estruturas. Na súa creación establecéronse tres grupos, onde os equipos repartíanse en terzo noroeste da península, terzo nordés e terzo sur. Así mantívose ata a tempada 2007-2008, na que xa só quedaron establecidos dous grupos (norte e sur) e, na tempada 2009-2010, foi a última na que o campionato contou con 30 participantes divididos en dous grupos segundo a súa situación xeográfica. Con todo, os problemas económicos de moitas entidades obrigaron á LNFS a establecer unhas condicións económicas máis estritas, que reduciron o número de participantes.
Equipo | Cidade | Comunidade Autónoma |
---|---|---|
Bisontes Castellón | Castelló de la Plana | Comunidade Valenciana |
Elche CF | Elx | Comunidade Valenciana |
ElPozo Ciudad de Murcia | Murcia | Rexión de Murcia |
FC Barcelona B Lassa | Barcelona | Cataluña |
FS Ciudad del Vino Valdepeñas | Valdepeñas | Castela-A Mancha |
FSD Puertollano | Puertollano | Castela-A Mancha |
Itea Córdoba | Córdoba | Andalucía |
Manzanares FS | Manzanares | Castela-A Mancha |
Noia Portus Apostoli | Noia | Galicia |
Pescados Rubén Burela | Burela | Galicia |
Prone Lugo | Lugo | Galicia |
Real Betis Futsal | Sevilla | Andalucía |
Rivas Futsal | Rivas-Vaciamadrid | Comunidade de Madrid |
Software DELSOL Mengíbar | Mengíbar | Andalucía |
Tenerife Iberia Toscal | Santa Cruz de Tenerife | Canarias |
UMA Antequera | Antequera | Andalucía |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.