A divina comedia, tamén coñecida como Comedia ou Divina comedia (en italiano Commedia /{komˈmɛdja/ ou Divina commedia /diˈvina komˈmɛdja/) é un poema de Dante Alighieri escrito en lingua vernácula, o dialecto toscano de Florencia, entre 1308 e a súa morte en 1321. O adxectivo Divina, atribuído a Boccaccio, atópase soamente a partir da edición impresa en 1555 por Ludovico Dolce.[1] A Commedia é a obra de Dante máis coñecida e unha importante testemuña da civilización medieval. Coñecida e estudada en todo o mundo, considérase unha das obras mestras da literatura do mundo de tódolos tempos[2].

Datos rápidos A divina comedia, Autor/a ...
A divina comedia
Thumb
Autor/aDante Alighieri
Lingualingua toscana e lingua italiana
Xénero(s)Epopea
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar
Thumb
Comencia la Comedia, 1472

Foi traducida ao galego por Darío Xohán Cabana, publicada en 1990 polo Servizo Central de Publicacións da Consellaría da Presidencia e Administración Pública, e galardoada un ano máis tarde coa Medalla de Ouro de Florencia[3]. Con todo, volvería ser retraducida polo mesmo tradutor e publicada de novo por Edicións da Curuxa en 2014[4].

Composición

A divina comedia está dividida en tres cánticos compostos por trinta e tres cantos cada un.

Os tres cánticos chamados cantiche (plural en italiano de cantica) son: Inferno (Inferno), Purgatorio (Purgatorio) e Paradiso (Paraíso); O Inferno contén un canto adicional de apertura. O poeta narra unha viaxe a través dos tres reinos supraterreais que o levan á visión da Trindade. A súa representación imaxinaria e alegórica do inframundo cristián é un dos cumios da visión do mundo medieval desenvolvido pola Igrexa católica.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.