Dinastía aiúbida
dinastía musulmá de orixe kurda, fundada por Saladino e centrada en Exipto From Wikipedia, the free encyclopedia
A dinastía aiúbida[1] (en árabe: الأيوبيون al-Ayyūbīyūn; en kurdo: خانەدانی ئەیووبیان Xanedana Eyûbîyan) foi unha dinastía musulmá de orixe kurda[2][3][4] fundada por Saladino e centrada no Exipto. A dinastía gobernou grandes partes do Oriente Medio durante os séculos XII e XIII. Saladino converteuse en visir do Exipto fatimita en 1169, antes de abolir os fatimitas en 1171. Tres anos despois, proclamouse sultán após a morte do seu mestre, o gobernante zenguita Nur ad-Din.[5] Durante a seguinte década, os aiúbidas lanzaron conquistas ó longo da rexión e en 1183, os seus dominios abranguían o Exipto, a Siria, a alta Mesopotamia, o Hejaz, o Iemen e a costa do norte da África até a fronteira da actual Tunisia. A maioría dos estados cruzados, caeron baixo o poder de Saladino despois da súa vitoria na batalla de Hattin, en 1187, inclusive o Reino de Xerusalén. Porén, os cruzados recuperaron o control da liña costeira da Palestinea na década de 1190.
ئەیووبیەکان (ckb) al-Ayyūbīyūn (ar) | ||||
Epónimo | Najm ad-Din Ayyub (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Capital | O Cairo | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua kurda | |||
Relixión | Sunnismo | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 1171 | |||
Disolución | 1341 (Gregoriano) | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía | |||
Moeda | dinar de ouro | |||
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.