A dinastía saxoa ou otoniana foi unha familia nobiliaria de Alemaña (Xermania ) durante os séculos IX a XI , algúns de cuxos membros foron reis de Alemaña e emperadores do Sacro Imperio .
Representación da árbore xenealóxica otoniana nun manuscrito do século XII .
Son chamados otónidas polos tres emperadores chamados Otón, e "dinastía saxoa" porque os seus inicios empezan nas terras de Saxonia .
Tamén se denominan Liudolfinger , pola súa orixe familiar, ao seren descendentes do caudillo saxón Liudolfo .
Os gobernantes otonianos foron os sucesores do rei xermánico Conrado I , que foi o único rei xermánico que gobernou na Francia Oriental despois da dinastía Carolinxia e antes desta dinastía.[1]
Liudolfo , 843-866? duque dos saxóns orientais.
Bruno , 866?-880, duque dos saxóns orientais; é posíbel que fora tamén duque de todo o ducado de Saxonia .
Otón I o Ilustre , 880-912.
Henrique I o Paxareiro , 912-936, rei de Alemaña (rei dos francos orientais ), 919-936.
Otón I , 936-961, rei de Alemaña , 936-973, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico , 962-973.
Henrique I o Paxareiro , rei de Alemaña (rei dos francos orientais , non coroado emperador), 919-936.
Otón I o Grande , rei de Alemaña , 936-973, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico , 962-973.
Otón II , rei de Alemaña , 961-983, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico , 967-983.
Otón III , rei de Alemaña , 983-1002, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico , 996-1002.
Henrique II , rei de Alemaña , 1002-1014, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico , 1014-1024.
Henrique I , 947-955, irmán do emperador Otón I.
Henrique II , 955-976, 985-995.
Otón I , sobriño do emperador Otón II, duque de Baviera 976-982, e duque de Suabia , 973-982.
Henrique IV , fillo de Henrique II de Baviera, duque de Baviera , 995-1004 e 1009-101, rei de Alemaña , 1002-1014, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico , 1014-1024.
Liudolfo de Suabia , 950-954, fillo do emperador Otón I e da súa primeira esposa Edith de Wessex .
Otón I sobriño do emperador Otón II e fillo do precedente, duque de Suabia , 973-982, e duque de Baviera , 976-982.
Hedwige de Saxonia , ca. 910-965, irmá do emperador Otón I, esposa de Hugo o Grande e nai do rei de Francia Hugo Capeto .
Bruno de Colonia , 925-965, irmán do emperador Otón I, duque de Lotarinxia , 944-953, e arcebispo de Colonia , 953-965.
Beata Xisela de Baviera , 984-1059, filla do duque Henrique II de Baviera , irmá do emperador San Henrique II do Sacro Imperio Romano Xermánico , esposa do rei San Estevo I de Hungría .