Difflugia

From Wikipedia, the free encyclopedia

Difflugia

Difflugia é o xénero de maior tamaño das Arcellinida, un dos grupos de amebozoos Tubulinea.[1] As especies de arcelínidos forman cunchas ou testas a patir de partículas minerais ou de elementos de orixe biolóxica (por exemplo frústulas de diatomeas), polo que se denominan comunmente amebas testadas. As Difflugia son especialmente comúns en pantanos e outros hábitats de auga doce.

Máis información Clasificación científica ...
Difflugia
Thumb
Razas de Difflugia. (de Leidy.)
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Amoebozoa
Filo: Tubulinea
Clase: Arcellinida
Orde: Difflugina
Familia: Difflugiidae
Xénero: Difflugia
Leclerc, 1815
Pechar

As partículas utilizadas para construír a súa cuncha son recollidas polas amebas directamente do seu contorno, ou das súas presas. Durante a división celular estes elementos pasan ás células fillas, onde son ensamblados e pegados por un cemento orgánico que forma unha lámina.[2] A testa ten unha soa abertura terminal, chamada pseudostoma. A forma da testa vai de esférica a alongada, ás veces con ornamentacións como cornos ou un colar,[3] ou ambos os dous, como na especie Difflugia corona [4].

Difflugia utiliza pseudópodos para moverse e capturar as súas presas. A maioría das especies de Difflugia son heterótrofas, alimentándose de materia orgánica ou de varios microorganismos que depredan. Porén, hai algunhas especies que conteñen algas endosimbióticas e son, por tanto, mixotróficas, é dicir, combinan a autotrofia e a heterotrofia.[5][6]

Os estudos filoxenéticos moleculares indican que o xénero Difflugia non é monofilético. A definición do xénero é problemática e futuras investigacións moi probablemente motivarán que se teña que facer unha revisión taxonómica xeral deste grupo.[3]

Parte deste artigo incorpora texto en dominio público procedente de: Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Difflugia". Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.