Chámase deusa das cobras a varias estatuas de louza vidriada atopadas en Cnosos. A máis famosa delas mide 29,5 centímetros de altura e supostamente representa unha deusa da civilización minoica, aínda que tamén se sinalou que en realidade podería representar a unha sacerdotisa. Foron datadas aproximadamente contra o 1600 a. C. Foron atopadas por un equipo de arqueólogos dirixidos por Arthur Evans en 1903, nunha estancia da á oeste do palacio de Cnosos chamada tesouraría sacra, e no presente áchanse no Museo Arqueolóxico de Heraclión (Creta).

Thumb
Deusa das cobras no Museo Arqueolóxico de Heraclión.

A estatua máis coñecida é unha figura feminina ataviada cun vestido longo, de estreita cintura e cun corpiño que deixa o peito ó descuberto. En ambas as mans sostén senllas cobras e ten enriba da cabeza un felino.

Thumb
Á esquerda, a estatua que en principio foi chamada Deusa das serpes; no centro, a antigamente denominada Adoradora sen cabeza. Museo Arqueolóxico de Heraclión, Creta.

Esta estatua nun principio era denominada Adoradora sen cabeza, por ser de menor tamaño que outra estatua tamén de louza vidriada á que denominaron Deusa das cobras. A estatua fora achada sen a cabeza e sen o brazo esquerdo e foi reconstruída polo equipo de Evans tomando como referencia estoutra estatua maior. A estatua maior ten tres serpes enroscadas na cintura e nas mans.[1]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.