filme de 2010 dirixido por Xavier Beauvois From Wikipedia, the free encyclopedia
Des hommes et des dieux é un filme francés de 2010 dirixido por Xavier Beauvois, e protagonizado por Lambert Wilson e Michael Lonsdale. O título do filme fai referencia a un verso da Biblia que se amosa ó comezo do mesmo. Conta a historia do mosteiro de Tibhirine, onde nove monxes cistercienses viviron en harmonía coa poboación musulmá en Alxeria, até que sete deles foron secuestrados e asasinados en 1996 durante a guerra civil alxeriana.[2]
Des hommes et des dieux | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Des hommes et des dieux |
Director | Xavier Beauvois |
Produtor | Pascal Caucheteux Étienne Comar Grégoire Sorlat |
Guión | Étienne Comar Xavier Beauvois |
Intérpretes | Lambert Wilson Michael Lonsdale |
Fotografía | Caroline Champetier |
Montaxe | Marie-Julie Maille |
Estudio | Why Not Productions Armada Films |
Distribuidora | Mars Distribution (Francia) |
Estrea | Festival de Cannes: 18 de maio de 2010 8 de setembro de 2010 |
Duración | 122 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Drama |
Recadación | 42,1 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
http://www.ofgodsandmenmovie.com/, http://www.luckyred.it/uominididio/ e http://www.marsfilms.com/pro/film/show/des_hommes_et_des_dieux | |
Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 83ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3][4]
A acción sitúase nun mosteiro da rexión do Atlas en Alxeria, durante a década de 1990. Oito monxes cristiáns pertencentes á orde da Trapa viven alí en harmonía coa poboación musulmá, establecendo lazos de cooperación contra os efectos da pobreza, ocasionados por un réxime en decadencia. Dedicados á vida contemplativa, a rezar, a sementar a terra e a apoiar a poboación dos arredores, mesmo o mosteiro se emprega como dispensario médico de facto pola poboación da zona.
Un grupo de fundamentalistas islámicos asasina un equipo de traballadores croatas nunha zona próxima ao mosteiro (20 km aproximadamente) e o pánico apodérase dos habitantes da rexión, que soportan os embates da guerra civil alxeriana. O exército gobernamental alxeriano ofrece protección aos monxes, mais estes rexéitano para non verse involucrados na guerra nin por suposto facer uso da violencia. Un comando armado de fundamentalistas entra no mosteiro, sendo a primeira advertencia sobre o destino que os esperaba. Os monxes dubidan sobre a posibilidade real de retirarse debido aos lazos de amizade formados coa poboación civil, que lles pide que queden. A pesar da crecente ameaza, os monxes fan uso da reflexión: por un lado o apego á súa vida, e polo outro cal é o seu deber; os oito monxes fan unha síntese dos seus medos e obrigas, dando por resultado a súa permanencia no mosteiro ata as últimas consecuencias.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.