From Wikipedia, the free encyclopedia
Democracia racial é un concepto que nega a existencia do racismo no Brasil. Trátase como mito e ideoloxía pois pretende expresar a validez dunha suposta democracia plena que se estendería a persoas de todas as razas, a pesar das desigualdades e privilexios motivados polo racismo estrutural no país.[2][3]
O termo foi empregado por primeira vez por Gilberto Freyre en 1962[4] e está vinculado á súa tese do Lusotropicalismo, segundo a cal os portugueses foran mellores e máis amigábeis colonizadores que outras potencias europeas. Denota a crenza de que Brasil escapou da racialización das persoas e por tanto da discriminación racial vista noutros países, como os Estados Unidos. Os investigadores sinalan que a maioría dos brasileiros non se consideran racistas e, supostamente, non danan nin promoven ás persoas en función da raza. Grazas a isto, aínda que a mobilidade social dos brasileiros pode ser reducida por varios factores, como o xénero e a clase social, a discriminación racial sería considerada irrelevante. A democracia racial, porén, está desmitificada polos sociólogos e antropólogos que estudan os prexuízos e por diversos indicadores sociais e económicos que revelan desigualdades ligadas á etnia. Os prexuízos están arraigados na sociedade a grande escala. Por iso, a verdadeira democracia racial é un obxectivo que aínda está lonxe de acadarse e polo de agora é un mito que tenta crear unha imaxe positiva da sociedade, que non coincida cos feitos documentados.
Carlos Hasembalg afirma que ao principio e final do Segundo Imperio iniciouse a proclamación da República brasileira que acreditaba a Brasil sen existencia de problemas de orde racial. Explicando o concepto de orixe da comparación efectiva da situación racial observada nos Estados Unidos naquela época. Hasenbalg, conclúe que hai semellanzas coas elites doutros países latinoamericanos e compara as súas realidades coas estadounidenses, e afirma que hai dous patróns raciais atopados nos Estados Unidos, no Brasil e en América Latina. Estes parecen posuír dous puntos centrais:
Thomas E. Skidmore entende que o branquecemento baséase na presunción de superioridade branca. Afirmando que o que se busca é que a poboación teña a pel máis clara debido aos supostos xenes de raza branca, que prevalecerían sobre as demais persoas. Afirmando así que o branqueamento produciría unha poboación mestiza, capaz de facerse sempre máis branca, tanto cultural como fIsicamente.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.