filme de 2017 dirixido por Adam Wingard From Wikipedia, the free encyclopedia
Death Note é un filme estadounidense de suspense de fantasía negra baseado no manga xaponés homónimo creado por Tsugumi Ohba e Takeshi Obata. Foi dirixido por Adam Wingard, producido por Roy Lee, Dan Lin e Masi Oka e escrito por Charles Parlapanides, Vlas Parlapanides e Jeremy Slater. Está protagonizado por Nat Wolff, Lakeith Stanfield, Margaret Qualley, Shea Whigham, Paul Nakauchi, Jason Liles e Willem Dafoe. O filme conta a historia dun mozo de instituto de Seattle chamado Light Turner, que atopa un misterioso caderno co nome "Death Note". Con el, descobre a existencia dun terrorífico deus da morte chamado Ryuk que lle ensina como empregar o caderno, xa que é quen de causar a morte de calquera cuxo nome estea escrito nel. Light decide usar o caderno con boas intencións, pero é perseguido por un espelido detective simplemente coñecido como L, que quere capturar a Light polas súas accións.
Death Note | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Death Note |
Director | Adam Wingard |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Death Note de Tsugumi Ohba e Takeshi Obata |
Intérpretes |
|
Música |
|
Fotografía | David Tattersall |
Montaxe | Louis Cioffi |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | 25 de agosto de 2017 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense |
Na rede | |
https://www.netflix.com/pl/title/80122759 | |
Foi estreado en Netflix o 25 de agosto de 2017. Recibiu críticas dispares e unha acollida negativa por parte da audiencia. Foi eloxiado pola escolla dos actores, particularmente pola interpretación de Dafoe, alén do seu director, estilo visual e atmosfera. Porén, o guión do filme foi especialmente criticado así como a escolla de actores brancos en papeis xaponeses.[1][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.