From Wikipedia, the free encyclopedia
Dasypus novemcinctus, coñecido vulgarmente como armadillo de nove bandas ou tatú[2], é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados e familia dos dasipódidos.[3]
Dasypus novemcinctus Armadillo de nove bandas | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Dasypus novemcinctus Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||
Distribución de Dasypus novemcinctus | |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
|
É a especie de armadillo máis estendida. Os seus antepasados orixináronse en Suramérica e noi foi até varios miles de anos máis tarde, cando se formou o istmo de Panamá, cando puido chegar até América do Norte durante o grande intercambio americano.[4]
É un animal solitario, principalmente nocturno, que se encontra en moitos tipos de hábitats, desde bosques maduros e secundarios até zonas de pasteiros e matogueiras secas. É insectívoro, alimentándose principalmente de formigas, térmites e outros pequenos invertebrados.
É un mamífero acoirazado de corpo pequeno que, a pesar das súas curtas patas, se move con gran rapidez. As patas posúen garras que lle permiten escavar a terra para fabricar os seus tobos.
A súa armadura é unha delgada lámina ósea cuberta por duros aneis córneos que cobre a parte superior da cabeza, as costas, os flancos e a cola. Na metade do corpo esta armadura está interrompida por partes de pel, así que os aneis óseos forman unha sorte de cintas, nove no caso desta especie, ao que alude o seu específico, novemcinctus. Normalmente enrólase formando unha bóla para durmir, ou para defenderse ante un perigo, aínda que non é fácil encontralo deste xeito.
O seu corpo mide entre 50 e 60 cm, e o seu peso oscila entre os 4 e os 8 kg. A súa coloración é escura, negra con partes brancas e beixe. As patas dianteiras teñen 4 dedos e as traseiras, 5. Ten ao rededor de 32 dentes, a pesar do cal non pode morder ou mastigar, debido a que os dentes non teñen raíces nin esmalte.
As súas pel e armadura non lle permiten resistir temperaturas moi baixas, e por iso se encontra en zonas de temperaturas cálidas, dentro da súa ampla área de distribución, que se estende desde o sur dos Estados Unidos, e a través de México, América Central e o norte da Suramérica, até o norte da Arxentina, ao sur da Provincia de Buenos Aires, sendo o armadillo que conta cunha distribución máis ampla.[5][6][7][8]
Tamén está presente nas Antillas, en Granada e Trinidad e Tobago. Encóntrase desde o nivel do mar até os 2000 m de altura.[1]
Pode encontrarse en covas, ocos, pasteiros, bosques tropicais e nunha gran variedade de hábitats de áreas secas. É bastante frecuente en todo o Paraguai.
É un animal de hábitos nocturnos, e tímido, que se orienta polo olfacto e polo seu agudo sentido de audición. Durante o día permanece agochado nos seus tobos, escavados na terra a mediana profundidade, e polas noites aventúrase en campo aberto para cazar.
O armadillo de nove bandas é a única especie coñecida que pode inchar os seus intestinos con aire e flotar para cruzar ríos; ademais pode realizar apneas de 6 minutos, logrando cruzar polo fondo de pequenos ríos. Pode tamén saltar de 90 a 120 cm de altura no aire, sendo un particular perigo para os vehíclos nas estradas.[9]
É un animal basicamente insectívoro, que come principalmente formigas e térmites. Pero tamén outros pequenos insectos e as súas larvas, e outros invertebrados, como vermes e caracois, e incluso pequenos anfibios e raíces tuberosas. Pero o seu alimentop preferido son as formigas e os térmites.
De todos os armadillos, é o máis fértil, e as femias paren entre 4 e 10 crías por camada, o que explica que sexan os máis frecuentes. Alcanzan a madurez sexual ao ano de idade. Para reproducírense constrúen covas múltiples ou tobos de 0,5 a 3,5 m de longo, interconectadas. O período reprodutivo vai de agosto a novembro. A xestación é de 120 días. As crías mantéñene agochadas nos tobos até que chegan á idade necesaria para valerse por si soas. Durante ese tempo, os pequenos son aleitados pola súa nai antes de que esta lles aprenda a capturar insectos.
A especie foi descrita polo naturalista sueco Carl von Linné (Linneo) na 10ª edición do seu Systema Naturae.[3]
Ademais de polo nome que lle impuxo Linneo, e que é hoxe o considerado como válido, a especie coñeceuse tamén ao longo do tempo polos sinónimos seguintes:[3]
Na actualidade recoñécense, dentro da especie, as seguintes seis subespecies:[3][10]
Os indíxenas do Chaco paraguaio gustan moito da carne do armadillo de nove bandas ou tatú, que é parte da súa dieta. Moita veces cociñan a carne na propia armadura do armadillo.
Ademais, a graxa deste animal utilízase con fins medicinais. Con ela elabóranse xaropes caseiros para combater a tose, e doenzas como a bronquite, a asma, a reuma, e golpes, chagas etc.
Este armadillo é dócil, e non presenta perigo ningún, excepto polas sus patas con largas e firmes uñas. Por iso algunhas persons téñenos como mascota, aínda que son moi escorregadizos e, se non teñen unha gaiola segura, poden escavar pozos moi profundos e causar danos nas tubaxes.
Nos países andinos, especialmente o Perú, Bolivia e a Arxentina, a armadura do armadillo utilízase para construír un instrumento musical chamado charango, semellante a unha guitarra pero de reducidas dimensións, e composto de cinco ordes de cordas que producen un son moi agudo.
Tamén serve para a confección de carteiras femininas e como alimento.
En diversas zonas de México fríxese na coiraza e cómese como un roxón. Nesta país, especialmente na zona do Iucatán, o huech —como alí se coñece— é unha prezada peza de caza, polo saboroso da súa carne e por ser un prato exótico nos máis caros restaurantes. Debido a isto o número de armadillos diminuíu de forma alarmante na rexión.
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), desde o ano 2006, vén cualificando o status da especie como LC (pouco preocupante), cualificación que mantén a día de hoxe (2016), debido á súa larga distribución, á suposta gran poboación, á súa tolerancia á alteración dos seus hábitats, e a que non existen evidencias dunha diminución importante da poboación.[1]
É relativamente común na Rexión Occidental de Paraguai, con algunhas extincións locais especialmente nas áreas máis secas, pero rexistrouse un incremento de poboación no departamento Presidente Hayes. Na Rexión Oriental, debido á alta presión exercida pola caza e á destrución de hábitats extinguiuse localmente en varios sitios.
Cómpre mencionar en particular que esta especie non está listada no CITES (Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de fauna e flora silvestres), acordo internacional concertado entre os gobernos para asegurar que o comercio internacional de espécimes de animais e plantas salvaxes non ameace a súa supervivencia no seu medio natural.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.