director, realizador e guionista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Daniel de la Torre Alvaredo, coñecido como Dani de la Torre, nado en Monforte de Lemos en 1975[1], é un director, realizador e guionista galego.
![]() (2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Daniel de la Torre Alvaredo 1975 (49/50 anos) Monforte de Lemos, España |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista, montador |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Despois de estudar Imaxe e Son en Ourense, filmou diversas curtametraxes, como Minas (2004), Lobos (2004) e Bos días (2006). En 2010 dirixiu e coescribiu a miniserie de dous episodios Mar libre, interpretada por Miguel de Lira, Luis Zahera e José Ángel Ejido, entre outros.[2]
En 2015 dirixiu a súa primeira longametraxe, O descoñecido[3], cun guión de Alberto Marini e que contou coas interpretacións de Luís Tosar, Elvira Mínguez, Javier Gutiérrez e Goya Toledo, entre outros, que foi rodada na Coruña. O filme levou doce galardóns nos Premios Mestre Mateo 2015, incluídos mellor filme, mellor director e mellores actores e actrices protagonistas e secundarios.[4] Ademais gañou dous Premios Goya (mellor montaxe e mellor son) e tivo oito candidaturas, incluída a de mellor director novel para Dani de la Torre.[5]
En 2018 dirixiu a curtametraxe Álex y Julia, para Estrella Damm, con Michelle Jenner e Oriol Pla. Logo dirixiu o filme A sombra da lei, con guión de Patxi Amezcua e protagonizada de novo por Luís Tosar, xunto con Michelle Jenner, Vicente Romero e Manolo Solo entre outros. A película gañou tres Premios Goya (mellor fotografía, dirección artística e deseño de vestiario)[6] e dez Premios Mestre Mateo, incluído o de mellor película e o segundo premio ó mellor director para de la Torre.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.