Cumeiro, Vila de Cruces
parroquia civil do concello de Vila de Cruces From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Pedro de Cumeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2011 tiña 221 habitantes (110 mulleres e 111 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 287 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cumeiro.
Remove ads
Nesta parroquia naceu o xornalista e escritor Alfredo García Ramos.
Remove ads
Patrimonio
- Castro de Cumeiro, descrito por Florentino Cuevillas, hoxe practicamente destruído.
- A igrexa de San Pedro de Cumeiro foi construída en 1782 polos señores da Casa de Altamira como capela maior. No interior hai dous sepulcros con inscrición ilexible.
- Casa de Altamira, cos principais elementos do terreo fidalgo: capela, cheminea, pombal e ciprés. A capela está acaroada á casa e coroada por unha espadana barroca, ten escudo de armas e unha inscrición co nome do construtor: "Hizo esta capilla D. Gregorio Francisco de Ponte y Monterroso, cura de Cumeiro y anexos. Año de 1777".
- Cruceiro de Riocabo, que marca o antigo camiño de ferradura que levaba a Santiago de Compostela.
Remove ads
Galería de imaxes
- Igrexa e cemiterio de Cumeiro.
- Igrexa de Cumeiro.
- Imaxe de San Pedro na fachada da igrexa de Cumeiro.
Lugares e parroquias
Lugares de Cumeiro
Lugares da parroquia de Cumeiro no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
---|---|
Carballal | O Castro de Cumeiro | Cumeiro | Fontemaor | Garnil | Navaza | Pampín | O Penedo |
Parroquias de Vila de Cruces
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads