Cuevas del Almanzora
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Cuevas del Almanzora é un concello da provincia de Almería. A súa extensión é de 263 km² e ten unha densidade de 49,52 hab/km². Está situada a unha altitude de 88 metros e a 97 quilómetros da capital da provincia, Almería. Segundo o INE, no ano 2010 contaba con 12.891 habitantes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Almería | ||||
Capital | Cuevas del Almanzora (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.023 (2023) (56,96 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 263,76 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 88 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jesús Caicedo Bernabé | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 04610 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 04035 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | cuevasdelalmanzora.es | ||||
O concello de Cuevas del Almanzora sitúase no nordeste da provincia de Almería. Limita ao norte con Huércal-Overa e Pulpí, ao sur con Vera e Antas, ao leste co mar Mediterráneo e ao oeste con Antas e Huércal-Overa, novamente. Ten unha extensión de 263 quilómetros cadrados e uns 14 quilómetros de costa.
Algúns dos accidentes xeográficos que conforman a xeografía do concello son o río Almanzora, o delta deste mesmo río e a Serra Almagrera ou a Serra de Almagro, na cal atópase o cerro Cucharón, de 711 metros de altura (a máxima elevación do concello).
Número de habitantes no período 2000-2010.
2000 | 10.792 |
2002 | 10.155 |
2003 | 10.776 |
2004 | 11.001 |
2005 | 11.484 |
2006 | 11.422 |
2007 | 11.649 |
2008 | 12.596 |
2009 | 13.025 |
2010 | 12.891 |
As mesmas temperaturas adoitan manterse ao longo do ano, mentres que as precipitacións se concentran entre os meses de outubro ata abril, sendo a media anual de 200 mm. En ocasións as precipitacións móstranse en forma de chuvias torrenciais, dando lugar a riadas que, a finais do século XIX e no 1973 causaron o derbordamento do río Almanzora, inundando así cultivos e núcleos de poboación. Debido a esta última riada construíuse un sistema de canalización do río e unha presa para así controlar o seu caudal en períodos de alta pluviosidade.
O Castelo do Marqués dos Vélez, símbolo de Cuevas del Almanzora, é un palacio-fortaleza de estilo gótico mandado construír por Pedro Fajardo no século XVI, primeiro Marquesado dos Vélez, e restaurado posteriormente nos séculos XVIII e XX. Atópase situado no alto dun outeiro, dominando a poboación, e consérvase en moi bo estado. Todo o conxunto está formado polo Palacio do Marqués, o anfiteatro, o patio empedrado e a Torre da Homenaxe, ademais de varias dependencias como o Museo Antonio Manuel Campoy e a Casa de la Tercia.
A Casa da Tercia forma parte das dependencias do Castelo do Marqués dos Vélez. Foi levantada no século XVIII, presenta un estilo neoclásico, e na actualidade foi recentemente restaurado. No seu interior acolle o Arquivo Histórico Municipal, a Biblioteca e o Museo Arqueolóxico.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.