Cuarteto de corda

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cuarteto de corda

Un cuarteto de corda é un conxunto instrumental de catro instrumentos de corda ou tamén un tipo de composición musical.

Thumb
Cuarteto de corda. Dende a esquerda á dereita: violín 1, violín 2, viola e violoncello.

Entre os principais autores de cuartetos de corda atopamos a Haydn, Mozart, Beethoven ou Schubert.

Conxunto

Vídeo de The Danish String Quartet tocando a música de Haydn para cuarteto de corda Nº 42 en Do maior, Op. 54, Nº 2, Hob.III-57.

Un cuarteto de corda é unha formación normalmente composta por dous violíns, unha viola e un violoncello.

Composición

Denomínase tamén cuarteto á composición para un conxunto das características citadas, e tamén á estrutura dunha forma en catro movementos similar á sonata clásica.[1]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.