From Wikipedia, the free encyclopedia
Os cromistas ou Chromista son un supergrupo de organismos eucarióticos probablemente polifilético,[1][2] que poden ser incluídos no reino Protista ou nun reino propio. Comprenden todas as algas que presenten cloroplastos que conteñan clorofilas a e c, xunto con varias formas non pigmentadas que están estreitamente relacionadas coas anteriores. Estes plastos están rodeados por catro membranas, e crese que os adquiriron de algas vermellas.
Cromistas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||
| |||||
Filos | |||||
O nome cromista fai referencia a que son organismos coloreados na súa maioría. O grupo inclúe tanto algas unicelulares coma pluricelulares. A posesión da clorofila c diferénciaas das plantas e outras algas, as cales non teñen esta clorofila. Pero tamén hai cromistas incoloros e non fotosintéticos.
O grupo Chromista foi definido de diferentes maneiras a medida que se sucedían as clasificacións.
Unha das descricións máis usadas divídeos en tres grupos:[3]
En 2010, Thomas Cavalier-Smith pasou na súa clasificación os Alveolata, Rhizaria e Heliozoa ao grupo dos Chromista.[4]
O nome Chromista foi introducido por Cavalier-Smith en 1981;[5] e os nomes anteriores cromófita e cromobionte correspóndense aproximadamente ao mesmo grupo. As árbores moleculares non serviron para resolver completamente as relacións entre os diferentes grupos de cromistas. Os tres grupos poden compartir un antecesor común cos Alveolata (ver Chromalveolata), pero hai probas que suxiren que as haptófitas e criptomónadas non están relacionadas coas heterocontas.[1][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.