From Wikipedia, the free encyclopedia
A cremà (do catalán cremada e en galego queimada) é o acto de prender lume aos monumentos de cartón que se plantan durante as festas de moitas vilas e cidades do País Valencià. Os máis famosos son os monumentos falleiros das Fallas de València, as cacharelas das Fogueiras de Alacant ou a cremà de árbores por Sant Antoni en xaneiro. Nas fallas a cremà destes monumentos acaba a festa.
A cremá das fallas de València e doutras localidades dos arredores da zona celébrase a noite do 19 de marzo, o día de San Xosé (Sant Josep). O acto vén precedido por un castelo de fogos de artificio, acendido pola fallera major da comisión. En primeiro lugar arredor das dez da noite procédese á queima do monumento infantil a excepción da falla gañadora do primeiro premio da sección especial que se queima ás dez e media. Posteriormente quéimase o monumento principal ás doce da noite e ás doce e media procédese á queima do primeiro premio da sección especial desta categoría. Por último, á unha da noite quéimase o monumento falleiro da praza do Concello, que está fóra de concurso.
O lume adóitase prender por medio dunha traca, e nos últimos tempos tamén é común que vaia acompañado de fogos de artificio. Seguidamente acéndese o monumento ao ritmo de cancións populares. Xeralmente, para que non coincidan tódalas queimas de tódolos monumentos á mesma hora, adóitanse queimar a distintas horas, segundo os premios outorgados aos monumentos.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cremà |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.