Cravo
From Wikipedia, the free encyclopedia
En enxeñaría, carpintaría e construción, un cravo é un obxecto delgado, alongado e duro semellante aos alfinetes, cunha punta de metal ou aliaxe usado como sistema de fixación. Antigamente eran de ferro forxado; na actualidade os cravos son dunha aliaxe de aceiro, adoito tratada para combater os efectos da corrosión en condicións severas ou mellorar a adhesión.
Este artigo trata sobre o obxecto usado na construción. Para o artigo sobre a árbore/especia véxase: Craveiro da India.


O normal é chantar os cravos na peza coa axuda dun martelo ou unha pistola de cravos pneumática. Os cravos manteñen os materiais xuntos por medio da fricción na dirección do eixe e tensión de corte lateralmente.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cravo |
![]() |
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.