From Wikipedia, the free encyclopedia
A cotovía pequena[2][3][4] (Lullula arborea) é a única especie existente do xénero Lullula. Encóntrase na maior parte de Europa, Oriente Próximo, oeste de Asia e as montañas do norte de África. En Galicia é unha ave sedentaria pero escasa.[3] É principalmente unha ave sedentaria non migratoria na parte occidental da súa área de distribución, pero as poboacións orientais son máis migratorias, trasladándose ao sur en inverno.
Cotovía pequena | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
ver texto | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Existen dúas subespecies de cotovía pequena, L. a. arborea e L. a. pallida. A primeira é nativa de rexións do norte de Europa, mentres que a segunda pode encontrarse no sur da área de distribución da especie. A súa dieta está composta principalmente de sementes, pero tamén inclúe insectos durante o período de reprodución. É unha ave comparativamente pequena, de entre 13,5 e 15 centímetros de longo e un 20% máis curta que a laverca común. É marrón con partes inferiores claras e ten unha cola con punta branca.
A cotovía describiuna o naturalista sueco Carl Linnaeus en 1758 na 10ª edición da súa obra Systema Naturae, dándolle o nome de Alauda arborea.[5] Este nome binomial é idéntico ao nome latino usado en 1676 polo ornitólogo inglés Francis Willughby na súa obra Ornithologiae libri tres.[6] A cotovía pequena está agora situada no xénero Lullula, que foi introducido polo naturalista alemán Johann Jakob Kaup en 1829.[7] O actual nome do xénero é onomatopéico a partir do francés “lulu”, o nome que lle deu á ave Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon. O nome francés alouette lulu, e o binomial científico, Lullula arborea, deriva do son da canción do animal.[8] O nome específico arborea procede do latín arbor, arboris, 'árbore'.[9]
Hai dúas subespecies de cotovía pequena:[10]
É unha ave de 13,5 a 15 cm de longo, lixeiramente menor que a laverca común,[11] un 20% máis curta que esta última.[12] A cotovía pequena é principalmente marrón pola parte superior e clara pola inferior, pero cunha distintiva banda superciliar branca que chega á caluga.[13] Ten unha crista bastante pequena e a maior parte do tempo pouco visible.[8] En voo mostra unha curta cola e unhas ás curtas e anchas. A cola ten as puntas brancas, pero a diferenza da laverca, os laterais da cola e o bordo posterior das ás non están beireados de branco.
É unha ave canora, que ten unha canción melodiosa, trilante a miúdo descrita onomatopeicamente como un lu-lu-lu-[14] ou máis precisamente como un "lū-lū-lū-lū-lū- en serie", tuluit tuluit tuluit.[11]
Encóntrase principalmente en Europa, as montañas do norte de África e no oeste de Asia. En Europa, a ave prece estar máis a gusto nos parámos areentos de Bélxica, onde a súa densidade era de 7,5 parellas por km2 en 1988.[15] No mesmo ano, as densidades en Alemaña Oriental eran de 0,29 a 5,0 parellas por km2 e de entre 0,1 e 0,25 parellas por km2 no sur de Inglaterra, e os hábitats máis óptimos eran os máis densamente habitados. Porén, as poboacións flutuaron en Europa nas décadas de 1990 e 2000 e non se dispón de datos de densidades máis actualizados. A amplitude da área de distribución da cotovía pequena vai desde Inglaterra no oeste, partes do norte de Exipto no sur, Irán e Turkmenistán no leste a Escandinavia no norte.[11][12][14] O declive das poboacións tivo como resultado que a súa área de distribución se fixo menor, por exemplo en Gran Bretaña reproducíase antes en Gales e centro de Inglaterra, pero agora encóntrase só no sur de Inglaterra. Dentro do seu rango é principalmente sedentaria no oeste, mentres que as poboacións do leste migran ao sur no inverno. En Galicia é sedentaria pero pouco abondosa.[3]
O seu hábitat natural son os páramos e espazos abertos con árbores espalladas.[16] Prefire os claros en bosques de piñeiros e páramos e plantacións de piñeiros novos.[8] Traballos experimentais indican que unha alteración anual do chan pode incrementar a abundancia de cotovías pequenas en terras baixas con páramos herbáceos e uceiras.[17] Esta ave pode tamén encontrarse máis raramente en áreas urbanas.[8]
O macho da cotovía pequena canta unha canción en voo similar á da laverca común pero aletea máis a medida que se eleva e fai espirais cara a adiante, facendo círculos sobre o chan mentres canta a unha altura bastante constante. Tanto o macho coma a femia cantan desde o chan ou pousados nunha árbore.[14]
O niño está normalmente feito de herbas, fentos, raíces e musgos e construído nunha depresión no chan.[14] A nidación empeza cedo, e ás veces os primeiros ovos póñenos a finais de marzo. Normalmente poñen de tres a cinco ovos. A femia incuba os ovos, que son brancos con manchas marróns, durante de 13 a 15 días.[11] Ambos os pais alimentan despois os xoves no niño e os polos abandonan o niño pasados outros 11 a 13 días.[16] Proxenitores e crías permanecen xuntos durante o verán e ata o outono. Pode criar dúas ou ás veces tres roladas de polos nun ano.
Igual que ocorre con moitas especies da familia das lavercas, a cotovía pequena é principalmente vexetariana cando é adulto, pero durante a estación reprodutora tamén comen insecto de tamaño medio.[12] A dieta está principalmente composta de sementes e insectos como escaravellos, moscas e avelaíñas.[11][14] Durante a estación reprodutora, a femia incuba os ovos en quendas de aproximadamente en 45 minutos e con intervalos de oito minutos de alimentación.[16]
As poboacións de cotovía pequena de Europa estiveron en declive nos últimos anos e o seu rango reduciuse.[14] A perda de hábitat é o principal factor que contribuíu a isto, e moitas pradeiras secas, terras en barbeito, páramos de terras baixas e pastos perdéronse debido á agricultura, ao abandono ou ao desenvolvemento, especialmente no norte de Europa.[18]
En Europa en 2004, a poboación reprodutora de cotovías pequenas estimouse en de 1,3 a 3,3 millóns de parellas reprodutoras. En Europa vive entre o 75 e o 94% da poboación global, o que significa que hai entre 4,15 e 13,2 millóns de individuos na súa área de distribución mundial.[19] As poboacións flutuaron por toda Europa, por exemplo, había unhas 400 parellas reprodutoras en Inglaterra en 1981,[8] 241 en 1986, 1633 en 1997 e 3064 en 2007.[20]
A cotovía pequena foi categorizada pola IUCN como especie en estado "pouco preocupante", o que quere dicir que actualmetne non está ameazada de extinción.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.