From Wikipedia, the free encyclopedia
O cosmódromo de Plesetsk é o cosmódromo situado máis ao norte de Rusia. Ten a súa orixe en tempos da Unión Soviética e desde el lánzanse misións principalmente militares e a órbitas polares.[1]
Космодром Плесецк (ru) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Rusia | |||
Óblasts | Óblast de Arjánguelsk | |||
Urban okrug in Russia (en) | Municipal Formation of the City of Mirny (en) | |||
Cidade/vila | Mirny (en) | |||
Creación | 1957 | |||
Plesetsk comezou sendo a primeira base de mísiles balísticos intercontinentais da Historia, desde onde se podía alcanzar máis partes dos Estados Unidos continentais que desde a base de Baikonur (futuro cosmódromo de Baikonur). A principios dos anos 1960 había catro complexos de lanzamento na base para mísiles R-7, antecesores dos foguetes Soiuz. Máis tarde se instalaron catro lanzadores para mísiles R-16.[1]
En canto aos plans espaciais da Unión Soviética, os responsables consideraron necesario dispoñer dunha base desde onde poder lanzar misións espaciais a órbitas polares de posible uso militar ás que non se podía chegar desde Baikonur. Plesetsk foi seleccionada en decembro de 1962 como o centro espacial que cumpriría esa función.[1]
En Plesetsk aplicouse a experiencia obtida en Baikonur en canto ao persoal da base, xa que neste último cosmódromo os técnicos vivían a unha distancia de 30 km dos seus postos de traballo. En Plesetsk edificáronse vivendas a entre 1 e 2 km dos postos de traballo, xurdindo un poboado que acabou chamándose Mirniy situado a 36 km dos complexos de lanzamento. O lado leste do cosmódromo está delimitado polo río Yemtsa e está composto por catro complexos de lanzamento para foguetes Soiuz e Molniya. O lado oeste está composto por tres complexos, un para foguetes Kosmos 3 e dous para mísiles R-14 Chusovaya, e ata 1974 existía un cuarto complexo para foguetes Kosmos 2M.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.