Correola
From Wikipedia, the free encyclopedia
As correolas son plantas pertencentes ao xénero Convolvulus que conta cunhas 250 especies de plantas de flor na familia Convolvulaceae. Distribúense en moitas rexións temperadas. Son plantas de porte fino e miúdo, rubideiras e moitas con hábitos rastreiros. Teñen follas simples, en espiral e flores anchas con forma de trompeta.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Correola (homónimos).
Correolas (xénero Convolvulus) | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Correola menor (Convolvulus arvensis) na Coruña | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Véxase no texto. | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|

Convolvulus tricolor
Comúns en Galiza, reciben tamén os nomes dialectais de corriola, corregola e corregota[1].
Descrición
Son plantas anuales ou perennes de porte herbáceo ou rubideiras e algunhas especies de maior porte arbustos, acadando de 0,3 a 2 m de altura. As follas distribúense en espiral, e as flores teñen forma de trompeta, presentando especialmente cores brancas e rosadas, mais tamén azuis, violetas, púrpura ou amarelas nalgunhas especies.
Usos
Moitas das especies de Convolvulus están consideradas como herbas daniñas, que poden sufocar e abafar outras plantas máis valiosas gabeando nelas. Porén algunhas especies cultívanse coma ornamentais en xardinaxe, grazas ás súas atractivas flores.
As especies de Convolvulus serven de base na alimentación de larvas dalgunhas especies de lepidópteros incluída a especie furadora de follas Bucculatrix cantabricella que se alimenta exclusivamente da especie Convolvulus cantabricus.
Etnografía
Cantiga popular
Teño unha hèrba n'a hòrta
que lle chaman correòla.
Para falar ti comigo,
còmprech'un ano d'escòla[2]
Especies
Algunhas especies comúns en Galiza
Listaxe xeral de especies
|
|
Galería de imaxes
- Correola menor (Convolvulus arvensis).
- Convolvulus althaeoides.
- Convolvulus cneorum.
- Convolvulus sabatius.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.