Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O corredor ferroviario mediterráneo é unha liña de alta velocidade da rede de ferrocarril en España. A liña, actualmente en construción, esténdese desde a estación de Camp de Tarragona na provincia homónima ata a localidade de La Encina na Provincia de Alacant e decorrendo en paralelo ao mar Mediterráneo.
Esta é a relación dos aspectos que precisan revisión:
|
A diferenza das primeiras liñas de alta velocidade española, esta liña non foi construída totalmente de cero senón que se formou a partir de treitos novos e treitos modernizados de liñas clásicas.
Ao que se finalice a liña admitirá velocidades máximas entre 200 (en treitos modernizados) e 300 km/h (en treitos de nova construción) o que permite cualificala como liña de alta velocidade.[1]
O Plan de transporte ferroviario de 1987 prevía entre Barcelona e La Encina un trazado de dobre vía capaz de admitir velocidades de 200 km/h. Algúns treitos modernizáronse segundo este plan pero a velocidade máxima elevouse a 220 km/h. Posteriormente decidiuse integrar estes treitos con outros treitos a modernizar e treitos novos (onde a xeografía e a poboacións o aconsellasen) para constituír o que se comezou a denominar corredor mediterráneo de alta velocidade.
Treito en construción con entrada en servizo en 2010.[2] A ligazón cara a Lleida e Zaragoza do corredor mediterráneo coa liña de alta velocidade Madrid-Barcelona está previsto que finalice en 2011.[3]
Este novo trazado é apto para tráfico mixto de viaxeiros e mercadorías e vai substituír o treito de vía única que pasa polo centro de Salou. O treito comeza en Vandellòs e ao chegar aos arredores de Tarragona abre en dúas gallas: unha vai á cidade de Tarragona pasando por Vila-seca e outro conecta coa liña de alta velocidade Madrid-Barcelona-Fronteira na estación Camp de Tarragona.[4] No segundo dos treitos prevese a construción dunha nova estación denominada estación central de Tarragona nas proximidades do aeroporto de Reus.
Inicialmente prevese instalar vías de largo UIC (1435 mm) entre a estación de Camp de Tarragona e a estación central de Tarragona e un adaptador de largo ao sur desta última para desde alí cara a Vandellòs continuar en largo de vía ibérico (1668 mm). Todas as modernizacións e treitos novos en que se instalen vías en largo ibérico contarán con travesas polivalentes capaces de migrar a largo UIC[Cómpre referencia].
Inicialmente o tráfico de mercadorías transitará pola ruta Vila-seca-Tarragona-Sant Vicenç de Calders. Posteriormente, cando se implante o largo UIC no corredor mediterráneo, deberán utilizar outra ruta aínda non definida.
En servizo dobre vía que admite velocidades de 220 km/h. Actualmente en largo ibérico con travesas polivalentes (para facilitar a migración a largo UIC) e electrificado a 3 kV de CA.
O proxecto do treito de nova construción de 55.3 km entre Castelló-Valencia foi licitado en xullo de 2008.[5]
O treito Valencia-Xàtiva é considerado tamén parte da liña de alta velocidade Madrid-Cuenca-Levante.
Treito en construción. Estímase que será mixto (pasaxeiros e mercadorías) para permitir a saída das mercadorías da provincia de Almería e da rexión de Murcia en trens de largo UIC.[6]
O tramo Xàtiva-La Encina é considerado tamén parte da liña de alta velocidade Madrid-Cuenca-Levante.
Este treito de 41.2 km atópase en servizo con dobre vía electrificada a 3 kV de CA e admite circulacións de ata 220 km/h. Actualmente en servizo en largo ibérico tamén conta con travesas polivalentes para a súa futura migración a largo UIC. Neste punto o corredor mediterráneo finaliza na liña de alta velocidade Madrid-Cuenca-Levante.
Así mesmo neste treito construirase unha nova plataforma para vías de largo ibérico destinadas a mercadorías, trens rexionais e de proximidades. Unha vez posta en servizo esta dobre vía en largo ibérico desviarase todo o tráfico por ela e comezará unha segunda fase para adecuar a actual plataforma (que admite circulacións de ata 220 km/h) para o uso de trens de pasaxeiros de alta velocidade (300/350 km/h) en dobre vía de largo internacional (1 435 mm).[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.