Cornoces, Amoeiro
parroquia civil do concello de Amoeiro From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Amoeiro From Wikipedia, the free encyclopedia
San Martiño de Cornoces é unha parroquia do concello de Amoeiro, na comarca de Ourense, provincia de Ourense. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 226 habitantes (123 homes e 103 mulleres).
Cornoces | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Cornoces. | |
Concello | Amoeiro[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°24′47″N 7°58′30″O |
Poboación | 226 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de San Martiño de Cornoces foi consagrada no ano 1200, segundo unha inscrición na fachada sur. Foi construída sobre un primitivo poboado castrexo. Na fachada ten un tímpano historiado con figuras, probablemente de San Martiño. A porta sur é sinxela e estreita. Sobre a cornixa da nave principal e da ábsida hai canzorros simples. Sobre o testeiro da ábsida álzase unha cruz antefixa coa respresentación de Cristo crucificado. A espadana, barroca, ten dous arcos de medio punto.
Xunto á igrexa está a casa reitoral, de planta rectangular e dúas alturas con muros de cachotaría de granito. O cemiterio esténdese arredor do templo. A igrexa aparece citada na novela Os camiños da vida, de Ramón Otero Pedrayo.
A capela de Santo Estevo ou capela das Candelas, antiga igrexa parroquial, é unha construción da Baixa Idade Media. O seu adro era o antigo camposanto. Ten planta rectangular con peche de cachotaría, e un pórtico con cuberta na entrada apoiada sobre dúas columnas de pedra de labra ruda. A porta é alintelada e a cuberta a tres augas, de tella curva e cunha cruz de pedra no cumio. Ten pequenas xanelas na fronte e nos laterais. No interior garda as figuras de Santo Estevo e das Candelas. Esta última, de pedra en estilo románico, está asentada nun camarín dunha peza co Neno Xesús no colo e coa lenda ERA CLII.
Lugares da parroquia de Cornoces no concello de Amoeiro (Ourense) | |
---|---|
Bubeiras | Codeseda | Cornoces | Os Garabatos | Sabariz | Santa Baia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.