Corleone

comuna italiana From Wikipedia, the free encyclopedia

Corleone

Corleone (en siciliano: Curliùni) é unha vila de preto de 11.000 habitantes situada na Cidade Metropolitana de Palermo, en Sicilia, Italia. É coñecida mundialmente por ser o lugar de nacemento de varios personaxes ficticios da novela de Mario Puzo The Godfather, entre eles o protagonista Vito Andolini Corleone.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Corleone
Thumb

Localización
Thumb
 37°49′N 13°18′L
PaísItalia
Rexión con estatuto especialSicilia
Cidades metropolitanasCidade metropolitana de Palermo
CapitalCorleone
Poboación
Poboación10.364 (2023) (45,17 hab./km²)
Xeografía
Superficie229,46 km²
Altitude553 m
Comparte fronteira con
Santo padrónLeoluca (en)
Identificador descritivo
Código postal90034
Fuso horario
Prefixo telefónico091
Identificador ISTAT082034
Código catastral italianoD009
Outro
Irmandado con

Sitio webcomune.corleone.pa.it
Pechar

Foi capital dun dos distritos do Reino das Dúas Sicilias. A súa importancia histórica débese a súa posición estratéxica, a medio camiño da vella estrada que liga Palermo e Agrigento, e á súa produción agrícola, sendo un dos principais produtores de trigo da illa.

Crime

A localidade é coñecida por ser a vila natal dalgúns dos xefes de Cosa Nostra, como Michele Navarra, Luciano Leggio, Leoluca Bagarella, Salvatore Riina ou Bernardo Provenzano. Isto inspirou ao novelista Mario Puzo a ambientar nesta vila parte da súa novela The Godfather, adaptada ao cine por Francis Ford Coppola.

O crime organizado dominou á localidade durante décadas, e só recentemente algúns segmentos da poboación protestaron contra a súa influencia. Dende a década de 1990 véñense desenvolvendo moitas campañas de sensibilización e de educación por parte de asociacións de voluntariado sen fins lucrativos.

O 10 de agosto de 2016, o Goberno italiano ordenou disolver o Executivo Municipal polos seus nexos coa Mafia, sendo este o cuarto executivo disolto por estes motivos durante o goberno de Matteo Renzi.[1]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.