From Wikipedia, the free encyclopedia
A coresma (da expresión latina quadragesima dies 'día cuadraxésimo')[1] son os corenta días de tempo litúrxico que observan a maioría das igrexas cristiás, antes da Pascua. Os corenta días representan o tempo que Xesús pasou no deserto, onde, segundo a Biblia, resistiu a tentación de Satanás; o obxectivo que se procura é establecer un período de reflexión e penitencia para que os cristiáns poidan preparase para a celebración pascual.
Nos primeiros anos do cristianismo, a duración da Coresma variaba, arredor do século IV estableceuse a súa duración en 40 días. Nos séculos VI e VII o xexún adquiriu grande importancia como práctica coresmal, como os domingos non se podía facer xexún por ser día de festa no século VII engadíronse catro días máis á coresma, antes do primeiro domingo, para imitar o xexún de Cristo no deserto, polo tanto o comezo da Coresma quedou establecido no Mércores de Cinsa na igrexa occidental mentres na oriental comezaba un luns. Na actualidade o mantemento da práctica do xexún relaxouse en moitas igrexas cristiáns, así na Igrexa Católica de rito latino só é obrigatoria a abstinencia o venres de coresma, pero na Idade Media era común a prohibición de comer carne e ovos e manter relacións sexuais; nas igrexas ortodoxas e na maioría das católicas de rito oriental a práctica da abstinencia mantense con máis forza.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.