Cordilleiras Costeiras Catalás
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Sistema Mediterráneo Catalán, tamén coñecido como as Cordilleiras Costeiras é un sistema dual de aliñacións montañosas paralelas, a Cordilleira Prelitoral e a Cordilleira Litoral, situadas na comunidade autónoma de Cataluña.[1]
Tipo | cordilleira rexión xeográfica | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | cinturón alpino | |||
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Cataluña, España | |||
| ||||
Comparte fronteira con | Val do Ebro | |||
Características | ||||
Altitude | 1.712 m | |||
As dúas cadeas que forman o sistema están separadas por unha fosa tectónica coñecida como a Depresión Prelitoral. A Cordilleira Prelitoral é a aliñación interior, que se estende desde a desembocadura do Ter ata o Montsià, e presenta os puntos máis altos do conxunto do Sistema. O Montseny, é o pico máis alto, con 1.712 m. de altitude. A Cordilleira Litoral, por contra, é a aliñación exterior, paralela á costa, que se estende desde o Empordà ata o Campo de Tarragona, e as súas altitudes son menores. O Montnegre é o punto máis alto con 763 m. de altitude.
O Sistema Mediterráneo Catalán é dicir - as dúas cordilleiras de xeito paralelas - esténdese de suroeste a nordeste ata unirse co contrafuertes dos Pireneos que se estenden desde o mar Mediterráneo cara ao oeste. De feito, os Pireneos e o Sistema Mediterráneo Catalán enmarcan unha área interior máis chaira coñecida como a Depresión Central Catalá.
Xeoloxicamente o sistema é moi complexo. É o resultado do levantamento tectónico dun antigo macizo dunha lonxitude de máis de 300 km. Diferéncianse dous grandes sectores cuxa liña divisoria é o río Llobregat. O sector do norte está constituído por materiais paleozoicos e cristalinos, mentres que o sector do sur está formado por sedimentos mesozoicos e terciarios.
Transversalmente, o Sistema Mediterráneo pódese dividir en tres unidades:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.