From Wikipedia, the free encyclopedia
Cordelia é o satélite máis interno de Urano. Foi descuberto a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 20 de xaneiro do 1986 e déuselle a designación temporal de S/1986 U 7.[7] Non volveu ser detectado ata que o Telescopio Hubble o observou no ano 1997.[6][8] Cordelia toma o seu nome da filla máis nova de Lear da obra King Lear de William Shakespeare. Tamén é designada coma Urano VI.[9]
Cordelia (no centro cara a abaixo, dentro do anel brillante), imaxe do descubrimento procedente da Voyager 2. | |
Descubrimento | |
Descuberta por | Richard J. Terrile / Voyager 2 |
Descuberta en | 20 de xaneiro de 1986 |
Características orbitais | |
Raio orbital medio | 49751,722 ± 0,149 km[1] |
Excentricidade | 0,00026 ± 0,000096[1] |
Período orbital | 0,33503384 ± 0,00000058 d[1] |
Inclinación | 0,08479 ± 0,031° (respecto do ecuador de Urano)[1] |
é satélite de | Urano |
Características físicas | |
Dimensións | 50 × 36 × 36 kms[2] |
Raio medio | 20,1 ± 3 km[2][3][4] |
Área superficial | ~5.500 km²[5] |
Volume | ~38.900 km³[5] |
Masa | ~4,4 x 1016 kg[5] |
Densidade media | 1,3 g/cm3 (asumida)[3] |
Gravidade superficial | ~0,0073 m/s2[5] |
Velocidade de escape | ~0,017 km/s[5] |
Período de rotación | síncrona[2] |
Oblicuidade da eclíptica | cero[2] |
Albedo | 0,08 ± 0,01 [6] 0,07[3][4] |
Temperatura superficial | ~64 K[5] |
Por desgraza, a parte da súa órbita,[1] o seu raio de 20 km[2] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[6], pouco máis se sabe deste astro. As imaxes da Voyager 2 amosan a Cordelia coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara a Urano. A taxa de relación entre os eixos de Cordelia é de 0,7 ± 0,2[2], o que lle outorga unha forma elipsoidal.
Cordelia actúa coma lúa pastor interior do anel Epsilon de Urano.[10] Cordelia orbita Urano dentro do raio das órbitas sincrónicas, polo cal está nun lento proceso de caída cara ao planeta debido o efecto das mareas gravitatorias.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.