actriz, coreógrafa e bailarina galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Coral Troncoso, nada en Mondariz-Balneario en 1972 e finada entre El Escorial e Colmenarejo (Madrid) o 16 de xullo de 2016, foi unha actriz, coreógrafa e bailarina galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1972 Mondariz-Balneario, España |
Morte | 16 de xullo de 2016 (43/44 anos) O Escorial, España |
Causa da morte | morte accidental, accidente de helicóptero |
Educación | Real Escuela Superior de Arte Dramático |
Actividade | |
Ocupación | actriz, bailarina, coreógrafa |
Familia | |
Pai | Julián Troncoso |
Coral Troncoso licenciuse en artes escénicas pola RESAD de Madrid. Profesionalmente iniciouse no teatro, tanto como actriz como como directora teatral, e posteriormente centrouse na danza contemporánea. Foi alumna das coreógrafas Carmen Werner e Ana Buitrago, así como de Nicolas Rambaud, co que acabou formando en 2001 a compañía Megaló - Teatro Móvil. Foi a co-directora desta compañía durante máis dunha década.
Tamén foi directora dramática da compañía Provisional Danza, durante tres tempadas.
Foi filla de Julián Troncoso, quen foi alcalde de Mondariz-Balneario. Tiña cinco irmáns.
Finou no accidente dun helicóptero Robinson R22 bipraza, ao caer no encoro de Valmayor, no noroeste da Comunidade de Madrid.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.