cooperativa de Barcelona From Wikipedia, the free encyclopedia
Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros de banca ética destinada á concesión de préstamos a proxectos de economía social.[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14]
Coop57 | |
---|---|
Biziola Fabrika, fábrica da comarca vasca de Goierri, cofinanciada por Coop57 - Koop57 Euskal Herria | |
Tipo | servizos financieiros |
Propósito | Banca ética e solidaria |
Data de fundación | 1995 |
Sede | Barcelona |
País | España |
Na rede | |
https://coop57.coop | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A cooperativa tivo a súa orixe en 1986[15] e constituíuse en 1995 en Barcelona tras o peche da Editorial Bruguera.[16][17][18][19] Ten a sede na rúa en Premià nº 15 de Barcelona.
No ano 2005 comezou un modelo de crecemento da rede e pasou a unha organización horizontal das denominadas seccións territoriais de Coop57, onde a clave do éxito era que o propio tecido asociativo e os movementos sociais do propio territorio fosen capaces de auto-xestionar a Coop57 no seu territorio.[20]
A primeira sección territorial creouse en Aragón.[21] Este modelo replicouse posteriormente en Madrid (2006), Andalucía (2008), Galiza (2009),[22][23][24] País Vasco (2015)[25] e Asturias (2019).
Os recursos económicos de Coop57 proceden dos seus socios. A función esencial de Coop57 é a mediación financeira. É dicir, captar o aforro para canalizala para financiar proxectos de economía social e solidaria.[26] [27] [28] [29] [30] [31] [32]
É membro da FEBEA (Federación Europea de Bancos Éticos e Alternativos, en inglés, European Federation of Ethical and Alternative Banks and Financiers);[33] porén, Coop57 non é unha entidade bancaria, senón unha cooperativa de servizos e, polo tanto, todas as persoas ou entidades que se relacionan con Coop57 fano desde a condición de socio da cooperativa, formando parte da súa estrutura de propiedade e participando en forma democrática e asemblearia das decisións e curso da cooperativa.
Na data de 31 de decembro de 2020, a cooperativa tiña 1001 socios de servizos e 4686 socios colaboradores. Cada ano celébrase a Asemblea Xeral en que se deciden os temas de interese para os asociados.
En 2014 foi creada a Fundación Coop 57, unha fundación de carácter privado para dar resposta a novas necesidades sociais e financeiras da economía cooperativa, concibida unha ferramenta en paralelo, complementaria e adicional á tarefa de Coop57. Segundo o seu sitio oficial, a Fundación pretende anticiparse aos retos do futuro, detectar baleiros non cubertos e innovar no horizonte da plena democracia política, social e económica.[35]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.